Logo de rematar o prazo de presentación de solicitudes para participar no proceso selectivo convocado mediante a Resolución do 18 de maio de 2026, da Universidade da Coruña, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión de prazas mediante o sistema de libre designación (DOG do 27 de maio), esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 138 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 94/2025, do 6 de outubro, polo que se aproban os estatutos da Universidade da Coruña, e da delegación de competencias operada pola Resolución reitoral do 10 de xullo de 2024,
RESOLVE:
Facer pública a adxudicación dos referidos postos do xeito que se indica:
|
Nº de posto |
Denominación |
Centro |
Apelidos e nome |
Nº de rexistro persoal |
|
794 |
Responsable da Oficina do Reitor |
Oficina do Reitor |
María Teresa Aldao Cadierno |
***4960*46A7493 |
|
795 |
Responsable da Oficina da Secretaría Xeral |
Oficina da Secretaría Xeral |
Ana María López Pampín |
***8988*35A7495 |
|
356 |
Secretario/a |
Secretaría da Vicerreitoría de Estudantes e Empregabilidade |
Daniel Gómez Pérez |
***1266*46A7495 |
*O NRP amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.
O cesamento no destino actual do funcionariado que obtivo a praza producirase no prazo de tres días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da data da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se si o comporta. No caso de que as persoas adxudicatarias obteñan coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes e computarase desde a data de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lles fosen concedidos ás persoas interesadas. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderase interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría no prazo dun mes, de acordo co establecido no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).
A Coruña, 17 de xullo de 2026
María Jesús Grela Barreiro
Xerente da Universidade da Coruña
