DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 28 de xullo de 2026 Páx. 41875

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle para a agregación das unidades edificatorias 210A08 e 210A09 do PEPRI, situadas na rolda da Muralla, 12 e 13.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o o día 6.5.2026, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o estudo de detalle para a agregación das unidades edificatorias 210A08 e 210A09 do PEPRI, situadas na rolda da Muralla, 12 e 13, de Lugo, promovido pola entidade mercantil Construcciones Isauro Díaz Mouriz, S.L., e redactado polo arquitecto Isauro Díaz Pérez.

Segundo. Someter o estudo de detalle ao trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. Así mesmo, notificarase individualmente aos titulares catastrais dos terreos afectados.

Tereceiro. Solicitar os informes sectoriais preceptivos, en particular, dos que deben ser emitidos polos organismos competentes en materia de patrimonio cultural e de aviación civil».

O contido íntegro do documento aprobado poderá consultarse na seguinte ligazón:

https://concellodelugo.gal/gl/actuacions/normativa-urbanistica

Lugo, 19 de maio de 2026

A alcaldesa
P.D. (Decreto número 4003/2026)
Ramón Manuel Cabarcos Rodríguez
Tenente de alcaldesa delegado da Área de Urbanismo