DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Martes, 28 de xullo de 2026 Páx. 41873

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo Cotobade

ANUNCIO da notificación do procedemento da orde de execución relativo á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentouse sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible a práctica da comunicación á que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación da xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Ref. catastral

Polígono/parcela

Localización

Persoa interesada

Persoa responsable

Orde de execución

(exp. 573/2026)

36012A05400823001XS

Igrexario Loureiro

Comunidade de herdeiros de Manuel Vidal Peleteiro

Comunidade de herdeiros de Delmiro Vidal Peleteiro

Comunidade de herdeiros de Silvina Vidal Peleteiro

Comunidade de herdeiros de Ignacio Vidal Peleteiro

José Carlos Vidal López

Rafael Rodríguez Torrado

Javier Rodríguez Torrado

Roi Solla Vidal

En virtude do que antecede, comunícaselles que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

Publícase o presente anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia para que lle sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopan á súa disposición no Concello de Cerdedo Cotobade (Chan-Carballedo, 11, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non puidese determinarse a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación, se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita que este concello realice a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión de biomasa e lles repercuta os custos ás persoas responsables.

O artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.

Cerdedo Cotobade, 8 de xullo de 2026

Jorge Cubela López
Alcalde