Na sesión que tivo lugar o 2 de xullo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 28 de xaneiro de 2026 (DOG núm. 23, do 4 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de bioloxía pesqueira, convocado pola Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública de 18 de xullo de 2025 (DOG núm. 162, do 26 de agosto),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, publicar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes no segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, especialidade de bioloxía pesqueira. De acordo coa base II.1.1.2 da convocatoria, o exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de 25 puntos.
Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación acreditativa de que posúen o Celga 4 ou título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro). A acreditación deberá tramitarse a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal) na epígrafe «Expediente-e: Idiomas-Galego». Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa teña acreditada a posesión do Celga requirido e así conste na listaxe de persoas aspirantes publicada, xunto con esta resolución, pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
Cuarto De acordo coa base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer un recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2026
María Carmen Morales de la Fuente
Presidenta do tribunal
