DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 29 de xullo de 2026 Páx. 41890

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

ORDE do 20 de xullo de 2026 pola que se modifica a oferta das ensinanzas de bacharelato no Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (EPAPU) Nelson Mandela, do concello da Lama.

A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, no capítulo IV do seu título I determina a organización do bacharelato en diferentes modalidades, e o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Polo Decreto 116/2007, do 31 de maio, créanse centros públicos de educación e promoción de adultos nos centros penitenciarios de Galicia.

Mediante a Orde do 30 de xuño de 2022 autorizouse a implantación das modalidades de bacharelato en centros públicos de titularidade desta consellería de acordo con esta ordenación.

Analizadas as necesidades educativas xurdidas e a oferta de modalidades en funcionamento, resulta necesario modificar a oferta, coa finalidade de mellorar a atención do alumnado escolarizado no centro.

Por todo canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación das ensinanzas

Autorizar a implantación das ensinanzas de bacharelato na modalidade xeral, polo réxime de educación semipresencial, no Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (EPAPU) Nelson Mandela, do concello da Lama, código de centro 36024720, desde o inicio do curso 2026/27.

Artigo 2. Inscrición no Rexistro de Centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento normativo

Autorízanse a Dirección Xeral de Formación Profesional e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarios para a aplicación desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2026

Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional