DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 29 de xullo de 2026 Páx. 41986

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 4 do Plan parcial do S-2, San Pedro de Visma.

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 15.7.2026, acordou aprobar inicialmente o documento denominado Modificación puntual número 4 do Plan parcial do sector S-2 San Pedro de Visma. Xullo 2026, co CSV 2H6W6H4A716M5L1X0PR2, redactado pola Oficina Técnica do Departamento de Planeamento do Concello da Coruña e asinado dixitalmente polo arquitecto municipal Pablo Vázquez Pita, polo xefe do Servizo de Planificación Urbana e Proxectos Estratéxicos e pola directora da Área de Urbanismo.

En cumprimento do disposto no procedemento previsto no artigo 18.1.a) da Lei 1/2019, do 22 de abril, de rehabilitación e de rexeneración e renovación urbanas de Galicia, por remisión do artigo 83.6.b.) da Lei do solo de Galicia, sométese o expediente ao trámite de información pública polo prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar a modificación puntual e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará dispoñible no taboleiro de anuncios e edictos da sede electrónica do Concello da Coruña, na epígrafe Información urbanística, e estará igualmente habilitado o acceso directo ao documento técnico obxecto desta aprobación a través do seguinte enderezo electrónico: https://www.coruna.gal/urbanismo/gl/informacion-e-normativa/exposicion-publica. Así mesmo, poderá consultarse presencialmente nas dependencias da Área de Planificación Estratéxica do Concello da Coruña, situadas no Palacio Municipal de María Pita (praza de María Pita, 1), das 9.00 ás 13.00 horas, de luns a venres, mediante cita previa, que deberá solicitarse no teléfono 981 18 42 00, extensión 10241.

A Coruña, 20 de xullo de 2026

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3531/2024, do 19 de xuño;
BOP núm. 123, do 27 de xuño)
José Manuel Lage Tuñas
Concelleiro delegado responsable das
áreas de Economía e Planificación Estratéxica