No Boletín Oficial da provincia número 102, do 2 de xuño de 2026, corrección de erros no Boletín Oficial da provincia número 110, do 12 de xuño de 2026, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo de promoción interna (funcionarización) de distintos postos do Concello de Culleredo polo procedemento de concurso-oposición (disposición adicional décimo sétima da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia).
As solicitudes presentaranse preferentemente na sede electrónica do Concello de Culleredo durante o prazo de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es) cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.
Culleredo, 12 de xuño de 2026
O alcalde
P.D. (Resolución número 1260/2023, do 4.7.2023;
BOP número 131, do 11 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior
