No Boletín Oficial da provincia número 102, do 2 de xuño de 2026, publicáronse integramente as bases da convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de administrativa/o, da escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo de titulación C1, funcionaria/o de carreira, promoción interna, procedemento concurso-oposición.
As solicitudes presentaranse na sede electrónica do Concello de Culleredo durante o prazo de vinte días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria publicaranse no Boletín Oficial da provincia, no taboleiro de anuncios e/ou na páxina web do Concello (www.culleredo.es), cando así o establezan as bases específicas da convocatoria.
Culleredo, 4 de xuño de 2026
O alcalde
P. D. (Resolución número 1260/2023, do 4.7.2023;
BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior
