DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 29 de xullo de 2026 Páx. 41982

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de xullo de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente de extinción de concesión de augas DH.A15.8156 (DH.A15.8156-M).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa indicada no anexo o acordo de inicio do expediente de extinción de concesión de augas, ditado no expediente DH.A15.8156 (DH.A15.8156-M).

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

A persoa interesada disporá dun prazo de dez días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

DH.A15.8156 (DH.A15.8156-M)

76313306L

15.6.2026