De conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia. É tamén de aplicación o artigo 44 desta lei, segundo o cal esta notificación ten que estar feita no BOE, e a súa data de publicación é a que determina a eficacia do acto notificado.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao desta publicación.
A Coruña, 15 de xullo de 2026
María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña
ANEXO
|
Núm. de expediente |
DNI/NIF |
Acto que se notifica |
|
PSC-CO-0319/2026-ADV |
52453538Z |
Comunicación |
|
PSC-CO-0321/2026-ADV |
76966821N |
Comunicación |
