En cumprimento do artigo 10 do Decreto 274/2003, do 4 de xuño, polo que se regula o procedemento de obtención do permiso e concesión de actividade para os establecementos de acuicultura e auxiliares de acuicultura na zona terrestre (DOG número 9, do 6 de xuño), sométese a información pública o proxecto para a posta en funcionamento do establecemento que se describe:
Solicitante: Aquacría Arousa, S.L. (B36296945).
Tipo: granxa mariña.
Proxecto: ampliación de piscifactoría de cría de linguado en nova planta.
Localización: lugar de Bico da Ran, Sartaxes, Castrelo, concello de Cambados (Pontevedra).
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e/ou presentar as súas alegacións nesta dirección xeral, situada na praza de Europa, 5 A, 4º (polígono das Fontiñas), 15781 Santiago de Compostela, no prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2026
Isaac Miguel Rosón Sánchez-Brunete
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica
