DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 29 de xullo de 2026 Páx. 41908

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2026 pola que se nomean profesores e profesoras titulares de universidade (TU2502).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade, do 10 de febreiro de 2026 (BOE do 21 de febreiro), modificada mediante a Resolución reitoral do 13 de marzo de 2026 (BOE do 19 de marzo), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria,

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo) e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que deberá efectuarse no prazo máximo de vinte días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 17 de xullo de 2026

María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo

ANEXO

Código: TU2502-C09-760-TU-TC-01.

Corpo: profesor/a titular de universidade.

Área de coñecemento: A0760 Química inorgánica.

Departamento: D00C09 Química inorgánica.

Centro de traballo: 311 Facultade de Química.

DNI: ***0024**.

Nome e apelidos: María Talavera Nevado.

Código: TU2502-C11-755-TU-TC-01.

Corpo: profesor/a titular de universidade.

Área de coñecemento: A0755 Química física.

Departamento: D00C11 Química Física.

Centro de traballo: 101 Facultade de Ciencias.

DNI: ***8214**.

Nome e apelidos: Antonio Cid Samamed.