DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 29 de xullo de 2026 Páx. 41906

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2026 pola que se nomea profesorado permanente laboral (PPL2501).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar o concurso de acceso convocado mediante a Resolución desta universidade do 23 de decembro de 2025 (DOG do 16 de xaneiro de 2026), corrixidos os erros mediante a Resolución reitoral de 28 de xaneiro de 2026 (DOG do 5 de febreiro), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente sinatura do contrato polas persoas interesadas, que deberá realizarse no prazo máximo de 20 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante a reitora, no prazo de 1 mes contado a partir do día seguinte ao da devandita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 17 de xullo de 2026

María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo

ANEXO

Código

PPL2501-X03-160-PPL-TC-01

Corpo

Profesor/a permanente laboral

Área de coñecemento

A0160 Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais

Departamento

D00X03 Dereito Público

Centro de traballo

308 Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo

DNI

***8783**

Nome e apelidos

Annina Cristina Burgin Piñeiro Oliveira