DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Mércores, 29 de xullo de 2026 Páx. 41899

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

EXTRACTO da Resolución do 21 de xullo de 2026 pola que se convocan bolsas de formación en centros de investigación dirixidas ao estudantado desta universidade para o curso 2026/27.

De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/920664).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado matriculado en centros propios no curso 2026/27, nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario sinaladas no anexo II da convocatoria, no campus en que se opta á bolsa.

Segundo. Obxecto

O obxecto desta convocatoria é desenvolver programas formativos conxuntos coas empresas e coas institucións que melloren a empregabilidade do estudantado, a través do fomento dunha mellor formación teórica e práctica do estudantado, colaborando, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, en actividades cun forte compoñente de aprendizaxe e adquisición de novas capacidades e destrezas directamente vinculadas á titulación en que se matricula.

Terceiro. Bases regulatorias

Resolución reitoral pola que se convocan bolsas de formación en centros de investigación dirixidas ao estudantado da Universidade de Vigo para o curso 2026/27.

Cuarto. Contía

A contía total do crédito destinado a estas axudas será de vinte e catro mil trescentos corenta e un con catro céntimos (24.341,04 €).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Desde o 22 de xullo ata o 2 de setembro de 2026.

Vigo, 21 de xullo de 2026

A reitora
P.D. (Resolución reitoral do 2.7.2026; DOG do 8 de xullo)
María Dolores González Álvarez
Vicerreitora de Estudantes e Vida Universitaria