A Axencia Galega de Innovación, dada a súa condición de organismo público de investigación, tal e como recolle a Lei 12/2014, do 22 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, poderá contratar persoal investigador en réxime laboral mediante as modalidades contractuais recollidas na Lei 14/2011, do 1 de xuño, de ciencia, tecnoloxía e innovación.
Pola Resolución do 9 de abril de 2026 (DOG núm. 78, do 28 de abril) anunciouse a convocatoria de seis postos de persoal investigador, conforme o establecido no Decreto 64/2016, do 26 de maio, polo que se regula o réxime de contratación de persoal investigador dotado cunha bolsa do ERC, no marco do programa para a xeración, captación, retención e recuperación de talento investigador en Galicia (programa Oportunius).
Finalizado o proceso de selección da praza número 5, correspondente ao dominio ERC Ciencias Físicas e Enxeñaría. Panel: PE11 Enxeñaría de materiais, de acordo co sinalado nos artigos 13 e seguintes da convocatoria, o tribunal elevou á Dirección da Axencia Galega de Innovación a proposta a favor da aspirante seleccionada.
Por todo iso, en virtude das atribucións do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, esta dirección
RESOLVE:
Primeiro. Contratar como persoal laboral da Axencia Galega de Innovación, na modalidade de investigador distinguido, a persoa que se indica no anexo.
Segundo. Contra esta resolución cabe interpor recurso de alzada perante a Presidencia da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes contado desde o seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2026
Carmen Cotelo Queijo
Directora da Axencia Galega de Innovación
ANEXO
Praza número 5.
Dominio ERC de Ciencias Físicas e Enxeñaría. Panel: PE11 Enxeñaría de materiais: Sara Abalde Cela (***7111**).
Bolsa ERC: Consolidator Grant.
