Mediante o Decreto 143/2023, do 9 de novembro (DOG núm. 214, do 10 de novembro), apróbase a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.
En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos na inscrición das solicitudes de participación neste proceso selectivo.
De conformidade co establecido no Decreto 143/2023, do 9 de novembro, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.
DISPÓN:
Convocar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñarías técnicas, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas.
I. Normas xerais.
I.1. O obxecto do proceso selectivo é a cobertura de prazas do corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñarías técnicas, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2023, aprobada polo Decreto 143/2023, do 9 de novembro.
O número de prazas convocadas na escala de enxeñarías técnicas, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, será de seis (6), das que unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade.
Resérvanse dúas (2) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.
O sistema selectivo será o de oposición.
I.1.1. De conformidade co decreto 143/2023, do 9 de novembro, do total de prazas convocadas reservarase unha (1) praza para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade cun grao igual ou superior ao 33 %.
Se algunha persoa aspirante con discapacidade que se presenta pola cota de reserva de persoas con discapacidade supera os exercicios, pero non obtén praza, e a súa puntuación é superior á obtida por outras persoas aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluída pola súa orde de puntuación neste sistema.
De conformidade co disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, durante os procesos selectivos darase un tratamento diferenciado ás persoas aspirantes pola cota de discapacidade, no que se refire ás relacións de persoas admitidas e excluídas, aos chamamentos aos exercicios e á relación de persoas aprobadas. Non obstante, ao finalizar cada exercicio e o proceso elaborarase unha relación única na que se incluirán todas as persoas aspirantes que o superasen, ordenadas pola puntuación total obtida, con independencia do tipo de praza pola que optasen.
I.1.2. As persoas que, cumprindo os requisitos establecidos na base I.1.1, opten ás prazas reservadas para persoas con discapacidade deberán indicalo expresamente na solicitude. De non indicalo entenderase que non optan por esta reserva.
As persoas aspirantes só poderán participar nunha das opcións referidas.
I.1.3. De ser o caso, as aclaracións ou as correccións deberán realizarse no prazo de alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas.
I.1.4. Ao presente proceso selectivo seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (en diante TRLEBEP), a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.
I.2. Requisitos das persoas aspirantes.
Para seren admitidas aos procesos selectivos as persoas aspirantes deberán posuír no día de finalización da presentación de solicitudes de participación e manter ata o momento da toma de posesión, como persoal funcionario de carreira, os seguintes requisitos:
I.2.1. Promoción interna.
I.2.1.1. Idade: non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de enxeñería técnica de obras públicas ou grao nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñaría técnica de obras públicas.
As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións do dereito da Unión Europea.
A acreditación da titulación requirida deberá tramitarse con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes a través do aplicativo Fides (https://fides.xunta.gal). A titulación académica ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención incluirase no apartado «Expediente-e»:»FORMACIÓN-FORMACIÓN ACADÉMICA/PROFESIONAL». Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública.
As persoas aspirantes que teñan validada a titulación requirida no expediente persoal electrónico do empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia quedan exentas desta acreditación.
I.2.1.3. Pertencer como persoal funcionario de carreira a algún dos seguintes corpos ou escalas:
– Aos integrados no subgrupo A2 da administración xeral (corpo de xestión) ou da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo facultativo de grao medio).
– Aos integrados no grupo B ou C1 da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de técnicos de carácter facultativo ou corpo de axudantes de carácter facultativo).
– Aos integrados no subgrupo C1 da administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo administrativo).
Queda expresamente excluído o persoal laboral indefinido non fixo.
I.2.1.4. Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario nalgún dos corpos ou das escalas integrados no subgrupo A2 da administración xeral ou da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio), no grupo B da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de técnicos de carácter facultativo) ou no subgrupo C1 da administración xeral ou da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo administrativo ou corpo de axudantes de carácter facultativo).
Quedarán exentos do cumprimento deste requisito, as persoas aspirantes que adquirisen a condición de persoal funcionario de carreira do corpo de xestión ou do corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2), do corpo de técnicos de carácter facultativo (grupo B), do corpo administrativo ou corpo de axudantes de carácter facultativo (subgrupo C1) como consecuencia da superación dalgúns dos procesos de funcionarización ou promoción específica convocados ao abeiro do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, sempre que conte unha antigüidade mínima de dous anos na categoría profesional dende a cal participou no proceso de funcionarización.
Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais (artigo 168 da Lei 2/2015, do 29 de abril), na situación de excedencia por coidado de familiares (artigo 176 da Lei 2/2015, do 29 de abril), na situación de excedencia por razón de violencia de xénero (artigo 177 da Lei 2/2015, do 29 de abril) e na situación de excedencia por razón de violencia terrorista (artigo 177.bis da Lei 2/2015, do 29 de abril).
I.2.1.5. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
I.2.1.6. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
I.2.1.7. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á especialidade obxecto desta convocatoria.
I.2.2. Acceso libre.
I.2.2.1. Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.
I.2.2.2. Nacionalidade:
a) Ter a nacionalidade española.
b) Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.
c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.
d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.
I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de enxeñería técnica de obras públicas ou grao nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñaría técnica de obras públicas.
As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións do dereito da Unión Europea.
A acreditación da titulación requirida deberá tramitarse con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes a través do aplicativo Fides (https://fides.xunta.gal). A titulación académica ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención incluirase no apartado «Expediente-e»:»FORMACIÓN-FORMACIÓN ACADÉMICA/PROFESIONAL». Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública.
As persoas aspirantes que teñan validada a titulación requirida no expediente persoal electrónico do empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia quedan exentas desta acreditación.
I.2.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.
I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.
No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.
I.2.2.6. Ademais dos requisitos anteriores, as persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade, terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33 %, con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
I.2.2.7. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á especialidade obxecto desta convocatoria.
I.3. Solicitudes.
I.3.1. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos». Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365) e deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentala que esixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.
Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán rexistrar os seus datos de identidade e contacto que se empregarán para as súas solicitudes.
Unha vez completados os datos da persoa solicitante, poderase iniciar o proceso de inscrición.
As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, no apartado de «Idioma do exame», se o texto do cuestionario do exercicio deberá de entregarse en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar esta opción elixida.
As persoas aspirantes deberán declarar as circunstancias particulares nas que se atopen relativas ao pago de taxas.
As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.
Se a solicitude derivase dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes dende que se producise o feito causante e en calquera caso nas 24 horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio no que proceda a súa aplicación.
As persoas aspirantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán acreditar e presentar antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia autentica do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.
I.3.2. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).
I.3.3. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude de participación e a través da aplicación informática, a seguinte documentación:
a) No suposto de non ter a nacionalidade española, documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, no que se regula do acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados.
b) Xustificante da condición de persoa con discapacidade no caso de estar expedido por outra comunidade autónoma.
c) Xustificante da condición de familia numerosa no caso de estar expedida por outra comunidade autónoma.
d) Os datos relativos á exención da taxa consultaranse automaticamente a non ser que as persoas interesadas se opoñan a consulta da documentación, para iso deberán indicalo no cadro correspondente e achegar a seguinte documentación:
– Persoas con discapacidade: certificado de discapacidade.
– Vítimas de terrorismo: resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición.
– Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.
– Demandantes de emprego:
1º. Certificación expedida pola oficina de emprego na que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
2º. Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal na que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir a prestación ou o subsidio por desemprego.
Para a remisión electrónica, empregará os apartados habilitados aos efectos. Se non dispón de copias auténticas deberá xerar o anexo de documentación e achegar coa súa solicitude, orixinal ou copia debidamente compulsada, dos documentos xustificativos segundo os supostos en que se atopen.
De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, estarán exentas do pagamento:
Do importe total da taxa:
– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.
– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.
Do 50 % do importe:
– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.
– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.
– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste apartado, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acreditasen mediante sentenza xudicial firme ou resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade ou cónxuxe do falecido e os fillos dos feridos e falecidos.
I.3.4. Para o pagamento da taxa deberá actuar do seguinte xeito:
Pagamento electrónico: deberá introducir os datos da tarxeta, de crédito ou débito, ou bizum, na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante correspondente.
Se ademais se emprega o certificado dixital, poderá realizarse o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado das entidades que ofrecen esa posibilidade.
Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante. Unha vez feito o pago presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente e continuar a inscrición. Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (Número de Rexistro Completo) correspondente. Unha vez completados os datos validarase o NRC premendo no botón «Validar NRC».
A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningún das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que se anuncia a publicación das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.
Para iso será necesario que a persoa interesada presente un escrito dirixido ao Servizo de Selección da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, solicitando a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame, que introduza completo o seu número de conta bancaria na aplicación Fides, na epígrafe expediente > datos persoais e que achegue o certificado expedido pola entidade financeira no que figuren os datos asociados a esa conta. A presentación fóra do prazo indicado deste escrito ou do certificado, ou a non introdución en prazo dos datos bancarios en Fides, supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.
Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.
I.3.5. Finalizado correctamente o proceso de pagamento poderase presentar a solicitude.
Non poderá presentarse máis dunha solicitude de participación para a mesma escala. No caso de presentar varias solicitudes, soamente se terá en conta a última presentada.
O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento, accedendo ao sistema en Inscricións en procesos selectivos onde disporá dunha listaxe de todas as solicitudes presentadas pola persoa aspirante.
Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes disporán de axudas e formas de contacto específicas en cada pantalla.
I.4. Admisión de aspirantes.
I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal aprobará a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG. As listaxes coas persoas aspirantes, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, e das causas das exclusións que procedan, publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica. Estas listaxes indicarán a relación de persoas aspirantes que están exentas de realizar a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega referida na base II.1.1.4.
I.4.2. As persoas aspirantes excluídas, ou aquelas que non figuren nin como admitidas nin como excluídas, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da dita publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. Igualmente, no mesmo prazo poderán alegar respecto da falta de exención da proba de acreditación do coñecemento da lingua galega.
As alegacións contra as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas deberán presentarse a través do aplicativo Fides (http://fides.xunta.gal).
As persoas aspirantes afectadas poderán acceder a solicitude correspondente e completar os documentos solicitados.
A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal pola que se aprobará a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que será publicada no DOG. As listaxes definitivas coas persoas aspirantes, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, e das causas das exclusións que procedan publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica.
O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos esixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.
II. Proceso selectivo.
II.1. Oposición.
O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I desta resolución.
Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de finalización de presentación de solicitudes, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.
II.1.1. Exercicios.
As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.
O primeiro e segundo exercicios, descritos a continuación, realizarase de modo simultáneo na mesma sesión. O tempo máximo de duración conxunta de ámbolos dous exercicios será de cento noventa (190) minutos.
II.1.1.1. Primeiro exercicio.
Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de cento vinte (120) preguntas tipo test, das que trinta (30) corresponderán coa parte xeral do programa e noventa (90) coa parte específica do programa que figura no anexo I.
O devandito exercicio disporá de oito (8) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderán á parte xeral do programa e seis (6) á parte específica e que substituirán ás preguntas anuladas de cada parte pola súa orde.
As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar ás preguntas da parte xeral do programa, polo que contestarán unicamente ás noventa (90) preguntas da parte específica e ás correspondentes preguntas de reserva.
As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta.
Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.
O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número e contido dos temas que integran o programa.
Na quenda de promoción interna, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
No acceso libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por cinco (5) o número de prazas convocadas, sempre que acaden o mínimo do 40 %, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Ao remate da proba cada aspirante poderá levar consigo unha copia do seu cadro de respostas.
O exercicio cualificarase de 0 a 36 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de dezaoito (18) puntos.
II.1.1.2. Segundo exercicio.
As persoas aspirantes deberán contestar por escrito un cuestionario de carácter práctico relacionado coas materias que figuran na parte específica do programa que figura no anexo I, cun total de vinte (20) preguntas tipo test. O exercicio dispoñerá de catro (4) preguntas de reserva, que substituirán ás preguntas anuladas pola súa orde.
As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta.
Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.
Na quenda de promoción interna, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Na quenda libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que acaden o mínimo do 50 %, das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Ao remate da proba cada persoa aspirante poderá levar consigo unha copia do seu cadro de respostas.
A corrección deste segundo exercicio unicamente se realizará no caso de superar as persoas aspirantes o primeiro exercicio. De non ser así, as persoas aspirantes serán consideradas non avaliables.
A cualificación do segundo exercicio será de 0 a 14 puntos, sendo necesario obter un mínimo de sete (7) puntos para a súa superación.
No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes á realización do primeiro e segundo exercicio publicaranse os contidos dos cuestionarios así como as respostas correctas no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica.
A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.
II.1.1.3. Terceiro exercicio.
O terceiro exercicio consistirá no desenvolvemento por escrito un (1) tema, a elixir entre tres (3) obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que figuran na parte específica do programa que figura como anexo I desta resolución.
O tempo máximo de duración deste exercicio será de cento corenta (140) minutos.
Este exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.
O tribunal cualificará este exercicio valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.
Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.
II.1.1.4. Proba de acreditación do coñecemento da lingua galega.
De conformidade co disposto no artigo 51 de Lei 2/2015, do 29 de abril, as persoas aspirantes deberán realizar este exercicio, que constará de dúas probas:
Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.
O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.
Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo ao nivel do Celga 4 requirido no proceso selectivo. Non poderán superar o proceso selectivo as persoas aspirantes declaradas non aptas.
Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten a posesión no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 4 ou do título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
A súa acreditación deberá tramitarse con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes a través do aplicativo Fides (https://fides.xunta.gal) no apartado «Expediente-e»:»IDIOMAS-GALEGO». Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública.
As persoas aspirantes que teñan validada a acreditación do nivel requirido (ou superior) de coñecemento da lingua galega no expediente persoal electrónico do empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia quedan exoneradas desta acreditación.
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal publicará, xunto coa lista provisional de admitidos e excluídos, a relación das persoas aspirantes exentas de realizar a proba de acreditación do coñecemento do idioma galego.
O tribunal fixará a data de realización desta proba de acreditación na mesma resolución pola cal se convoca ás persoas aspirantes para a realización do primeiro e segundo exercicio.
II.1.2. Desenvolvemento dos exercicios.
II.1.2.1. A orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabético e iniciarase por aquelas cuxo primeiro apelido comence pola letra V, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 23 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 18, do 26 de xaneiro), pola que se fai público o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na Resolución da mesma consellería do 12 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 12, do 18 de xaneiro).
II.1.2.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.
II.1.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal como colaboradoras.
II.1.2.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.
II.1.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.
Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame.
O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.
II.1.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.
II.1.2.7. Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das súas preguntas ou modificase o modelo de corrección de respostas publicará a correspondente resolución no DOG. As alegacións das persoas aspirantes deberán presentarse a través do aplicativo Fides (http://fides.xunta.gal).
II.1.2.8. A resolución pola que se acorda a publicación dos resultados dos exercicios publicarase no DOG. A listaxe coas persoas aspirantes, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade publicaranse no portal web corporativo da Xunta de Galicia xunta.gal/funcion-publica.
As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que estimen oportunas ás puntuacións do exercicio, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal referida no parágrafo anterior.
A tramitación destas alegacións deberán presentarse a través do aplicativo Fides (http://fides.xunta.gal).
II.1.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos esixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.
No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal proporá a súa exclusión do proceso selectivo ao órgano convocante, que publicará a resolución que corresponda.
II.1.2.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará ás persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.
No caso de que o tribunal acorde parámetros para a cualificación do exercicio, en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.
II.1.2.11. A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.
Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.
III. Tribunal.
III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por resolución da consellería competente en materia de emprego público, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da Lei 2/2015, do 29 de abril, artigo 60 do TRLEBEP, artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, e o Decreto 95/1991, do 20 de marzo.
III.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, no artigo 59.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas por Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta de 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
A Presidencia deberá solicitar ás restantes persoas que formen parte do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor previsto na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.
En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar as integrantes do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro consonte ao establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.
III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a resolución correspondente pola que se nomeen as novas persoas integrantes do tribunal cualificador que substituirán ás que perdesen a súa condición por calquera das causas previstas na normativa aplicable.
III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle corresponda para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.
III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso das persoas que ocupen a presidencia e a secretaría, ou de quen as substitúa.
III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.
III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da persoa que ocupe a Secretaría e o visto e prace da persoa que ocupe a Presidencia, ou quen as substitúa.
III.8. A Presidencia do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.
O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.
As decisións e os acordos que afecten a cualificación e valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes ás que corresponden os resultados obtidos.
III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, quen deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.
III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios que as restantes participantes. Para tal fin estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3 as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.
Se durante a realización do proceso selectivo, o tribunal tivese dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ou escala ao que opta poderá solicitar o ditame do órgano competente.
III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.
A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.
III.12. O tribunal non poderá propoñer o acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito, tendo en conta o previsto na base II.1.2.11.
III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
III.14. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse electronicamente á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).
IV. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario de carreira.
IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición.
No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes acudirase, por orde, aos seguintes criterios ata que se resolva:
– De acreditarse infrarrepresentación do xénero feminino no mesmo grupo, escala e, de ser o caso, especialidade, o desempate dirimirase a prol da muller.
– Puntuación obtida nos exercicios pola súa orde de realización.
– Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.
– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.
IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a resolución pola que se declaran de persoas aspirantes que superaron o dito proceso; as listaxes coas persoas aspirantes que superaron o proceso, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade ou equivalente, ordenadas polas puntuacións acadadas, publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.
A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da referida resolución, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos seguintes documentos:
a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separada/o nin despedida/o mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo do que foi separada/o ou inhabilitada/o, nin pertencer ao mesmo corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo II a esta convocatoria.
No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.
b) Un certificado ou un informe médico sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. Os certificados ou informes non poderán ter unha data de emisión anterior aos tres (3) meses da súa presentación.
c) As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán, ademais, acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e Igualdade ou, de ser o caso, da Administración correspondente.
A consellería competente en materia de emprego público solicitará ao órgano competente a documentación que acredite que as persoas aspirantes que accedan por esta cota de reserva reúnen os requisitos de compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.
As persoas aspirantes poderán autorizar á Administración a dita consulta mediante solicitude expresa remitida xunto co resto da documentación.
Non obstante o anterior, as persoas aspirantes pensionistas da Seguridade Social que acrediten a súa discapacidade mediante o recoñecemento dunha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou gran invalidez, así como as persoas aspirantes pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, deberán acreditar a compatibilidade da súa discapacidade co desempeño das funcións propias do corpo, escala e, de ser o caso, especialidade profesional ou categoría deste proceso selectivo.
IV.3. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.
IV.4. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos esixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario de carreira mediante resolución da consellería competente en materia de emprego público que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado.
IV.5. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.
Non obstante, ás persoas aspirantes que superen este proceso selectivo pola quenda de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo sempre que figure na relación de postos de traballo aberto ao corpo, escala e especialidade á cal acceden.
IV.6. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril.
V. Disposición derradeira.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
ANEXO I
Programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñarías técnicas, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas
a) Parte xeral.
Tema 1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I (artigos 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V) e título VIII.
Tema 2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: título I, título II e título III.
Tema 3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV (capítulo I e capítulo IV) e título V.
Tema 4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia: título preliminar, título I (capítulo I).
Tema 5. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar, capítulos III e IV.
Tema 6. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar e título I.
Tema 7. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI (capítulos III e IV) e título VIII.
Tema 8. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.
Tema 9. Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: títulos preliminar, I, II (capítulos I, II e XI), VI, VII e VIII. Título I da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
Tema 10. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e título I.
Tema 11. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I.
b) Parte específica.
Tema 1. Redes de estradas. Normativa básica de estradas de Galicia: Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia. Disposicións xerais, obxecto e concepto de estrada, clasificación, definicións e titularidade. Treitos urbanos e travesías. Catálogos e inventarios.
Tema 2. Estudos e planificación técnica de estradas. Estudos de tráfico. Métodos de previsión de demanda. Mapas e datos de tráfico. Capacidade, demanda e niveis de servizo.
Tema 3. Planificación e proxección, construción e, financiamento e explotación de estradas na normativa básica de estradas de Galicia: Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.
Tema 4. Estudos e proxectos de estradas. Clasificación. Normativa, tramitación e aprobación. Formas de obtención dos terreos. Instrucións para a redacción de proxectos de estradas na Axencia Galega de Infraestruturas.
Tema 5. Trazado de estradas: Norma 3.1-IC: Trazado. Orde do 23 de maio de 2019 pola que se regulan os accesos nas estradas de Galicia e nas súas vías de servizo. Trazado en planta. Trazado en alzado. Sección transversal. Enlaces e interseccións.
Tema 6. Obras de terra. Xeoloxía e xeotecnia en obras de estradas. Estudos, ensaios e recoñecementos xeolóxicos e xeotécnicos. Mellora de terreos. Cimentacións. Sostemento de noiros. Muros de contención. Prego de prescricións técnicas xerais para obras de estradas e pontes (PG-3): materiais básicos e explanacións. Túneles de estradas: Conceptos xerais de deseño e construción, explotación, conservación, inspeccións e seguridade.
Tema 7. Drenaxe de estradas: Norma 5.2-IC: Drenaxe superficial. Orde circular 17/2003, de recomendacións para o proxecto e construción da drenaxe subterránea en obras de estradas. Cálculo de caudais. Prego de prescricións técnicas xerais para obras de estradas e pontes (PG-3): drenaxe.
Tema 8. Firmes de estradas. Clasificacións e tipoloxías. Métodos de deseño. Materiais. Unidades de obra. Selección. Norma 6.1-IC: Seccións de firme. Norma 6.3-IC: Rehabilitación de firmes. Prego de prescricións técnicas xerais para obras de estradas e pontes (PG-3): firmes. Firmes reciclados. Prego de prescricións técnicas xerais para obras de conservación de estradas (PG-4).
Tema 9. Estruturas e obras de paso. Conceptos xerais: definicións, condicionantes de proxecto, materias, tipoloxías, procedementos construtivos, elementos constituíntes, aplicacións concretas. Real decreto 470/2021, do 29 de xuño, polo que se aproba o código estrutural. Prego de prescricións técnicas xerais para obras de estradas e pontes (PG-3): pontes e outras estruturas. Auscultación, inspeccións, conservación e explotación.
Tema 10. Equipamento vial. Sinalización vertical, horizontal e sinalización de obra. Sistemas de contención. Orde circular 35/2014, sobre criterios de aplicación en sistemas de contención de vehículos. Redutores de velocidade e bandas de alerta. Elementos de balizamento, iluminación e defensas. Ordenación e regulación da circulación. O ruído na contorna das estradas: normativa estatal e autonómica, problemática e medidas correctoras. Prego de prescricións técnicas xerais para obras de estradas e pontes (PG-3): elementos de sinalización, balizamento e defensa das estradas.
Tema 11. Obras de estradas: sistemas de execución e organización. Control de obras: xeométrico, cuantitativo e cualitativo. Materiais e maquinaria. Sistemas de control. Sinalización de obras.
Tema 12. Conservación de estradas. Conservación ordinaria e extraordinaria. Organización e xestión. Bancos de datos e inventarios de elementos. Recoñecementos de estado: Auscultación e inspeccións. Indicadores de estado. Vixilancia das estradas. Incidencias de vialidade. Vialidade invernal. Actividades de mantemento da vialidade e conservación: programación, execución, medición e seguimento.
Tema 13. Protección do dominio público viario e réxime sancionador na normativa básica de estradas de Galicia: Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia.
Tema 14. Seguridade viaria: problemáticas, indicadores e medidas de mellora. O Decreto 29/2023, do 30 de marzo, sobre a xestión da seguridade das estradas de Galicia. Auditorías de seguridade viaria.
Tema 15. A Estratexia de dixitalización e innovación en materia de estradas de Galicia. Sistemas de información xeográfica aplicados á xestión das estradas.
Tema 16. Marco legal do sector do transporte: Lei 16/1987, de ordenación dos transportes terrestres, e as súas modificacións. Desenvolvemento regulamentario da Lei 16/1987. A Lei 6/1996, do 9 de xullo, de coordinación dos servizos de transportes urbanos e interurbanos por estrada de Galicia. A Lei 10/2016, do 19 de xullo, de medidas urxentes para a actualización do sistema de transporte público de Galicia. O Título III da Lei 2/2017, do 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación. Capítulo IV do Título II da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
Tema 17. Transporte de viaxeiros: características, repartición modal e evolución. Transporte de viaxeiros por estrada no ámbito metropolitano e interurbano. Plan de transporte público de Galicia. Estacións de autobuses e estacións intermodais de viaxeiros.
Tema 18. Mobilidade sustentable. Instrución 3/21, do 25 de marzo, da Axencia Galega de Infraestruturas, para o deseño de sendas peonís e ciclistas. Accesibilidade: Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade e o seu regulamento de desenvolvemento.
Tema 19. Transporte de mercadorías: características, repartición modal e evolución. Conceptos xerais de intermodalidade no transporte de mercadorías. Centros loxísticos e portos secos. Rede transeuropea de transporte (RTE-T): conceptos xerais e regulación europea.
Tema 20. Lei 38/2015 do sector ferroviario e o seu desenvolvemento regulamentario. Transporte marítimo en augas interiores de Galicia.
Tema 21. Marco legal e institucional para a xestión ambiental en España: antecedentes, situación e perspectivas. A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. Normas adicionais para a xestión ambiental na Comunidade Autónoma de Galicia. Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade. Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia. Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000. Lei 5/2019, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. Procedementos administrativos. Criterios de sustentabilidade ambiental aplicables nos plans e proxectos de infraestruturas.
Tema 22. Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e o seu desenvolvemento regulamentario. Bens de dominio público marítimo-terrestre: clasificación, definicións e o seu réxime de utilización. Limitacións de propiedade sobre os terreos contiguos á ribeira do mar. Réxime de competencias das distintas administracións.
Tema 23. Decreto 97/2019, do 18 de xullo, polo que se regulan as competencias da Comunidade Autónoma de Galicia na zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre. A Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia. Decreto 20/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproba definitivamente o Plan de Ordenación do Litoral de Galicia.
Tema 24. Marco legal da expropiación forzosa: Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa; Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa. Expropiación forzosa: principios xerais. Procedemento xeral. Procedementos específicos. Procedemento de urxencia segundo o artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Garantías xurisdicionais. Dereito de reversión.
Tema 25. Os proxectos de obras. A súa autorización. Servizos afectados. Estudos previos e anteproxectos. Estrutura do proxecto. Pregos de cláusulas administrativas: xerais e particulares. As normas técnicas e os pregos de condicións técnicas. A implantación.
Tema 26. A execución do contrato de obra. Réxime de relacións co contratista. Programación de actividades de obra (programación de traballo, preparación lineal e dinámica, técnicas de programación de actividades de obra). Control e seguimento do traballo. Certificacións e relacións valoradas. Modificación de contratos. Suspensión das obras. Revisión de prezos. Recepción de obras e medición final. A liquidación.
Tema 27. Seguridade e saúde en construción e obras públicas. Lei 31/95, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais. Real decreto 1627/1997, de disposicións mínimas de seguridade e saúde en obras de construción. Outras disposicións vixentes en materia de seguridade e saúde laboral. Responsabilidades.
Tema 28. Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia. Xestión de residuos en obra. Utilización de residuos en obra pública. Vixilancia ambiental de obras.
Tema 29. Sistemas de aseguramento da calidade en obras. Normativa técnica. Control de calidade nos pregos de condicións. Control de materiais e de execución: xeométrico, cualitativo, cuantitativo. Laboratorio de control de obras. Ensaios de recepción e probas finais. Ferramentas tecnolóxicas de control en construción e explotación: Sistemas LIDAR, sistemas de información xeográfica, uso de drons (UAV), Building Information Modelling (BIM), sistemas SCADA de operación e control remoto.
Tema 30. Administración pública da auga. Repartición competencial. Marco lexislativo estatal: Real decreto lexislativo 1/2001, do 20 de xullo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de augas. Real decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do dominio público hidráulico.
Tema 31. Marco lexislativo autonómico: Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, e o seu desenvolvemento regulamentario.
Tema 32. Planificación hidrolóxica. Marco legal: Real decreto 927/1988 polo que se aproba o regulamento de administración pública da auga, Real decreto 907/2007 polo que se aproba o Regulamento da planificación Hidrolóxica. Decreto 1/2015 polo que se aproba o Regulamento da planificación en materia de augas de Galicia e se regulan determinadas cuestións en desenvolvemento da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia. O proceso de planificación hidrolóxica. Contido dos plans hidrolóxicos de bacía. Lei 10/2001, do 5 de xullo, do Plan hidrolóxico nacional. O Plan hidrolóxico nacional. Plans hidrolóxicos en Galicia. O Plan hidrolóxico da demarcación hidrográfica Galicia-Costa.
Tema 33. Inundacións e secas. Directiva 2007/60/CE e Real decreto 903/2010, de avaliación e xestión do risco de inundacións. Lei 9/2019, de medidas de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situacións de risco sanitario. Plans de xestión de risco de inundación (PXRI). PXRI de Galicia-Costa.
Tema 34. Lei 9/2019, do 11 de decembro, de medidas de garantía do abastecemento nos episodios de seca e nas situacións de risco sanitario. Plans especiais de seca. Plan de seca da demarcación hidrográfica Galicia-Costa. Previsión e cálculo de máximas crecidas. Sistemas de alerta temperá. Medidas de prevención, mitigación, protección e corrección. Caracterización das secas, indicadores e medidas.
Tema 35. Recursos hídricos superficiais e subterráneos. Ciclo hidrolóxico. Avaliación de recursos en réxime natural, recursos dispoñibles. Caudais ecolóxicos. Demandas. Balances hídricos. Modelos de optimización e simulación de recursos. Características xerais do balance hídrico nacional, de Galicia e da demarcación hidrográfica Galicia-Costa (DHGC). Principais características das augas superficiais e subterráneas da DHGC. Control de caudais superficiais e subterráneos: redes oficiais.
Tema 36. Usos comúns e privativos da auga. Réxime concesional e o seu procedemento. Rexistro de augas. Comunidades de usuarios. Concesións para abastecemento de poboacións. Sistemas de abastecemento á poboación, normativa e criterios de deseño: captacións, estacións de tratamento de auga potable, depósitos e redes de distribución.
Tema 37. Concesións para rega. Comunidades de regantes. Concesións para aproveitamentos hidroeléctricos. Presas e balsas: tipoloxías, construción, auscultación, explotación e conservación. Seguridade de presas e encoros. Control e seguimento de caudais ecolóxicos.
Tema 38. A protección do dominio público hidráulico e a calidade das augas. Verteduras ao dominio público hidráulico e verteduras mariñas na demarcación hidrográfica Galicia-Costa. Autorizacións de vertedura. Sistemas de saneamento e depuración de augas residuais urbanas, normativa e criterios de deseño: redes de saneamento, bombeos e tanques de retención, estacións depuradoras de augas residuais urbanas, conducións de desaugamento e emisarios. Técnicas de drenaxe urbana sostible. Reutilización de augas depuradas.
Tema 39. Autorizacións no dominio público hidráulico, nas zonas de servidume e na zona de policía. Limitacións nas zonas inundables. Actuacións menores de mantemento e conservación. Obras fluviais, normativa e criterios de deseño: protección, corrección e regularización de leitos; canalizacións; obras de defensa de poboacións; restauración de ríos e técnicas de enxeñería biolóxica.
Tema 40. Ordenación do territorio en Galicia. Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia. Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as directrices de ordenación do territorio.
Tema 41. Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do solo de Galicia. Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan básico autonómico de Galicia. As normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.
Tema 42. A análise dos proxectos de investimento. Avaliación técnico-económica de proxectos. Identificación de custos e beneficios. Rendibilidade económica e social. Análise multicriterio. Aspectos financeiros da análise de proxectos. Técnicas de medida de valores e análise.
ANEXO II
(nome e apelidos aspirante) ..., con domicilio en ..., con NIF/NIE/pasaporte ..., declara, para os efectos de ser nomeado/a persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñarías técnicas, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, que non foi despedida/o nin separada/o mediante expediente disciplinario de ningunha administración pública ou órgano constitucional ou estatutario das comunidades autónomas, nin se atopa en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso ao dito corpo ou escala.
..., ... de ... de 202...
ANEXO III
(nome e apelidos aspirante) ..., con domicilio en ..., con NIF/NIE/pasaporte ..., declara, aos efectos de ser nomeada/o persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñarías técnicas, especialidade enxeñaría técnica de obras públicas, que non se atopa inhabilitada/o ou en situación equivalente nin foi sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de , nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.
(país e localidade) ..., ... de ... de 202 ...
