DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 30 de xullo de 2026 Páx. 42316

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se aproba a relación definitiva das persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, e do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.

Mediante a Resolución do 2 de xullo de 2026 (DOG núm. 127, do 9 de xullo), publicouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, e do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística, convocado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 26 de maio de 2026 (DOG núm. 104, do 5 de xuño).

Logo de transcorrer o prazo establecido nas bases para presentar reclamacións á exclusión das listas provisionais e dado que non se recibiu ningunha reclamación, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Elevar a definitiva a relación de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, e do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.

A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia na epígrafe de concurso de traslados (https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta).

A relación de persoas solicitantes excluídas figura no anexo desta resolución.

Segundo. Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes, que se contará dende o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou, directamente, un recurso contencioso-administrativo perante as seccións da orde xurisdicional contencioso-administrativa do tribunal de instancia correspondente no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Causa da exclusión

Martínez

De la Rosa

Iria

***9872**

10

Cód. causa

Causa da exclusión

10

Solicitude fóra de prazo ou sen rexistro de entrada