Pola Resolución do 1 de xullo de 2026 (DOG núm. 127, do 9 de xullo), publicouse a relación provisional de persoas admitidas e excluídas do concurso para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión, subgrupo A2, escala de inspección turística, e do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico, convocado pola Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 26 de maio de 2026 (DOG núm. 104, do 5 de xuño).
Transcorrido o prazo establecido nas bases para presentar reclamacións á exclusión das listas provisionais e dado que non se recibiu ningunha reclamación, esta dirección xeral
RESOLVE:
Primeiro. Elevar a definitiva a relación de persoas solicitantes admitidas e excluídas do concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspección turística, e do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, escala de axentes de inspección, especialidades de vixilancia de estradas, mobilidade e dominio público hidráulico.
A relación de persoas admitidas e excluídas publicarase no portal web corporativo da Xunta de Galicia na epígrafe de concurso de traslados https://www.xunta.gal/funcion-publica/concurso-de-traslados/consulta
Todas as persoas participantes están admitidas.
Segundo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes que se contará dende o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo ante as seccións da orde xurisdicional contencioso-administrativa do tribunal de instancia correspondente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2026
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal
