Convocada por Resolución do 1 de xuño de 2026 (DOG núm. 106, do 7 de xuño) a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de xefatura de estudos de formación sanitaria especializada, esta xerencia, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e na Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas,
ACORDA:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefatura de estudos de formación sanitaria especializada no ámbito da atención primaria, anunciado pola Resolución do 1 de xuño de 2026 (DOG núm. 106, do 7 de xuño).
Segundo. Nomear no posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución e continuar o procedemento, segundo o establecido nas bases da convocatoria, para a provisión do posto de xefatura de estudos de formación sanitaria especializada no ámbito da atención hospitalaria.
Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.
Vigo, 22 de xullo de 2026
Francisco Javier Puente Prieto
Xerente da Área Sanitaria de Vigo
ANEXO
Posto de traballo: Xefatura de estudos da unidade docente multidisciplinar de Atención Familiar e Comunitaria no ámbito de Atención Primaria.
Nome e apelidos: Clara Guede Fernández.
DNI: ***0462**.
