DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 30 de xullo de 2026 Páx. 42322

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2026 pola que se procede ao nomeamento de persoal funcionario de carreira.

Vista a Resolución do 22 de xullo de 2026 pola que se modificou a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo de acceso libre e promoción interna, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso na escala auxiliar administrativa, subescala administración, convocado mediante a Resolución da Universidade de Vigo do 1 de decembro de 2022 (DOG do 16 de decembro), ditada consonte o establecido na Resolución do 15 de xuño de 2026 pola que se dispuxo o cumprimento da Sentenza do TSXG do 4 de febreiro de 2026, e verificado o cumprimento pola aspirante dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria, e de conformidade co disposto na Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, este reitorado

RESOLVE:

Primeiro. Nomear a Amalia Sánchez Novelle, con DNI ***0377**, funcionaria de carreira da escala auxiliar administrativa, subescala administración, con adxudicación do posto definitivo que se relaciona:

Código

Denominación do posto

Unidade

CD

SG

Q

C

00010 PF1160 2

Posto base

Secretaría do Equipo de Goberno

18

C1/C2

M

V

CD: complemento de destino.

Q: quenda; M: mañá.

SG: subgrupo de titulación.

C: campus; V: Vigo

Segundo. De acordo co disposto no artigo 60.d) da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira deberá prestar o acto de acatamento da Constitución, do Estatuto de autonomía de Galicia e do resto do ordenamento xurídico, así como declarar o seu compromiso de exercer con imparcialidade as súas funcións.

Terceiro. De conformidade co previsto na Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal ao servizo das administracións públicas, para tomar posesión a persoa deberá formular unha declaración expresa ou realizar a opción prevista na devandita lei.

Cuarto. A toma de posesión terá lugar o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, cos efectos previstos na Resolución desta universidade do 15 de xuño de 2026.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso perante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

As persoas interesadas poderán optar por interpoñer contra esta resolución un recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, perante o mesmo órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto, segundo o previsto no artigo 123.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 23 de xullo de 2026

María Carmen García Mateo
Reitora da Universidade de Vigo