De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 16 de xullo de 2026 do proxecto Ampliación dunha explotación de gando vacún de leite, no lugar do Vilar de Abaixo, parroquia de Narón, no concello de Portomarín (Lugo), promovido por Juan José Seijas Vázquez.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
