DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 30 de xullo de 2026 Páx. 42327

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 16 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador CON-PO-0100/2026 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa relacionada no anexo o acto que se indica, logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida ou porque, logo de intentar dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, a persoa interesada dispón dun prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar este acto na sede deste departamento territorial, situada na avenida María Victoria Moreno, 43, 4º andar, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. O acto foi adoptado por quen se indica no anexo.

Unha vez transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Pontevedra, 16 de xullo de 2026

Nicolás Lorenzo Montes
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesada/o

Acto notificado

Acto adoptado

CON-PO-0100/2026

05245515C

Resolución

Polo director territorial

CON-PO-0214/2026

44139395A

Incoación

Polo director territorial

CON-PO-0064/2026

36073125V

Resolución

Polo director territorial