DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 30 de xullo de 2026 Páx. 42328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 22 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS210A LU 69092 e dezasete máis.

De conformidade cos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos administrativos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, por medio deste anuncio emprázanse, para seren notificadas das resolucións ditadas, as persoas interesadas que se sinalan no dito anexo ou a través das persoas que as representan.

Para coñecer o contido íntegro dos actos administrativos que se notifican, as ditas persoas interesadas, ou as persoas que as representen debidamente acreditadas, poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Servizo de Dependencia do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Serra de Ancares, 68, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, contra as resolucións que se notifican, que non esgotan a vía administrativa, poderá interpoñer a reclamación previa á vía xurisdicional social neste departamento territorial, no prazo de trinta días hábiles contado desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, practicada por comparecencia, de conformidade co artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Lugo, 22 de xuño de 2026

Óscar Viñas Penelas
Director territorial de Lugo

ANEXO

Procedemento BS210A

Nº do expediente

Persoa interesada

Contido do acto administrativo

Data do acto administrativo

LU-0000069092

76550180Q

Resolución de extinción

26.2.2026

LU-0000072780

33754539S

Resolución de extinción

3.3.2026

LU-0000072905

34119988V

Resolución de extinción

3.3.2026

LU-0000060944

33808578G

Resolución de extinción

26.2.2026

LU-0000072214

76615418A

Resolución de extinción

9.3.2026

LU-0000053930

33744071N

Resolución de extinción

16.4.2026

LU-0000028251

34245567Q

Resolución de extinción

23.4.2026

LU-0000036198

08182711R

Resolución de extinción

20.4.2026

LU-0000071762

33743832A

Resolución de caducidade

6.3.2026

LU-0000072678

34204134Y

Resolución de caducidade

6.3.2026

LU-0000072652

76548331F

Resolución de caducidade

11.3.2026

LU-0000070020

X7498585X

Resolución de caducidade

11.3.2026

LU-0000074744

34307512E

Resolución de caducidade

27.4.2026

LU-0000072058

33727500R

Resolución de recoñecemento do grao e programa individual

7.4.2026

LU-0000074528

33827107H

Resolución de recoñecemento do grao e programa individual

1.4.2026

LU-0000074630

76561758W

Resolución de recoñecemento do grao e programa individual

1.4.2026

LU-0000073480

00444441N

Resolución de recoñecemento do grao e programa individual

9.3.2026

LU-0000036198

08182711R

Resolución de recoñecemento dos graos e programa individual

7.4.2026