DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 30 de xullo de 2026 Páx. 42333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 8 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de redacción das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2023/445-1).

Mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 23 de marzo de 2026, outórgase a declaración de utilidade pública, a cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMT BOI-802, apoio 9P2LD9D0//68, no concello de Boiro (expediente IN407A 2023/445-1), a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

De conformidade co artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa e co artigo 56 do seu Regulamento, do 26 de abril de 1957, este departamento territorial acorda fixar o día 9 de setembro de 2026 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas que se describirán os bens ou dereitos expropiables e os afectados pola imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporá xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Boiro. A devandita relación foi extraída da que se someteu a información pública no Diario Oficial de Galicia do 3.5.2024, no Boletín Oficial da provincia do 16.4.2024 e no xornal La Voz de Galicia do 22.4.2024. A este acto deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostas como afectadas, ás que se lles enviará unha notificación individual onde se indicarán os horarios da toma de datos sobre o terreo e do posterior levantamento efectivo das actas na oficina da casa do concello do devandito concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas, cando se ignore o lugar de notificación ou cando, unha vez intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 8 de xullo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña