A instalación denominada Substitución dos apoios A089HH6M45151 e A06WKW1J45152 da LMTA LOZ803B en Zapata foi declarada de utilidade pública mediante a Resolución do 29 de xuño de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, o que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados, tendo a condición de beneficiaria a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A.
Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, comunícase que o 7 de outubro de 2026, a partir das 12.00 horas, terá lugar sobre o terreo o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dos dereitos contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución e no taboleiro de edictos do Concello de Poio.
A persoa interesada recibirá unha notificación individual coa debida antelación legal, en que se lle comunicarán a data e a hora na cal deberá presentarse no seu predio, e infórmase de que poderá ir acompañada por un perito ou un notario, pola súa conta, se así o considera conveniente.
Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente, de acordo co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 9 de xullo de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Nº |
Referencia catastral |
Lugar |
Titular |
Nº apoio |
m² solo |
|
1 |
36041A031000960000OI |
Venta |
Descoñecido |
2 |
1,21 |
