DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 30 de xullo de 2026 Páx. 42380

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Antas de Ulla

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha praza de director/a técnico/a auxiliar da biblioteca pública municipal.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 167, do 23 de xullo de 2026, publicáronse integramente a convocatoria e as bases reguladoras, aprobadas pola Resolución de Alcaldía do 17 de xullo de 2026, do proceso selectivo para a contratación, en réxime de persoal laboral fixo, dunha praza de director/a técnico/a auxiliar da biblioteca pública municipal, mediante o sistema de oposición, complementado con entrevista persoal.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles que se contarán desde o día seguinte á publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza faranse públicos na forma prevista nas bases.

Antas de Ulla, 23 de xullo de 2026

María Pilar García Porto
Alcaldesa presidenta