De conformidade co disposto no número 8 da Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa á actuación administrativa en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas polo artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia, ao non ter constancia de ningún domicilio, notificáselle á persoa interesada, por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo sinalado no anexo.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio. A comparecencia realizarase nas dependencias municipais, na praza Consistorio 1, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
|
Ref. Núm. Expte. |
Referencia catastral |
Datos parcela |
Acto notificado |
Interesado/a |
|
534/2026 |
36001A023003610000SP |
Resolución da Alcaldía e con data do 7.7.2026 |
Xestión de biomasa vexetal |
Josefa Rodríguez Álvarez |
|
534/2026 |
36001A023003600001DW |
Resolución da Alcaldía de data 8.7.2026 |
Xestión de biomasa vexetal |
Rogelio Pereira Durán |
|
534/2026 |
36001A023003670001DL |
Resolución da Alcaldía con data do 8.7.2026 |
Xestión de biomasa vexetal |
Amalia Reinosa Rodríguez |
Arbo, 9 de xullo de 2026
Horacio Gil Expósito
Alcalde
