DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 30 de xullo de 2026 Páx. 42382

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Caldas de Reis

ANUNCIO de notificación infrutuosa do requirimento para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas (expediente 1546/2025 e oito máis).

Logo de examinar as actas de inspección das datas que figuran na seguinte táboa, comprobouse que nas referidas parcelas se incumpren, segundo o caso, os artigos 21 ou 21.ter da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, de acordo coa táboa seguinte:

Núm. de expediente

Referencia catastral

Data da acta de inspección

Artigo incumprido da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia

1546/2025

Polígono 1, parcela 25 Concentración parcelaria de Godos

8.9.2025

Artigo 21 e artigo 21.ter

2821/2025

36005A014019500000TG

4.12.2025

Artigo 21

2947/2025

36005A089002780000TQ

22.12.2025

Artigo 21

2958/2025

36005A089002560000TK

22.12.2025

Artigo 21

2957/2025

36005A089001040000TE

22.12.2025

Artigo 21

2953/2025

36005A089002580000TD

22.12.2025

Artigo 21

2954/2025

36005A089007690000TD

22.12.2025

Artigo 21

632/2025

36005A024007120000TA

12.5.2026

Artigo 21.ter

1315/2026

36005A024007090000TA

12.5.2026

Artigo 21.ter

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e tras intentar a notificación ás persoas responsables, sen que fose posible efectuala por causas non imputables ao Concello de Caldas de Reis, mediante este anuncio ponse de manifesto que as persoas responsables que a continuación se indican incumpriron a obriga de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas en relación coas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

NIF do responsable

Título polo cal é responsable

Provincia/concello/ parroquia

Lugar/polígono/parcela/ Nome da parcela
ou paraxe

Polígono 1, parcela 25 Concentración parcelaria de Godos

XDE390972

Informe

Pontevedra/Caldas de Reis/Godos

Cruceiro de Santiago/pol. 1/parc.25 da ZCP Godos

36005A014019500000TG

33573477D

Informe

Pontevedra/Caldas de Reis

Rúa Ovellas

36005A089002780000TQ

35345301M

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Santa María

Somonte/pol. 89/parc. 278

36005A089002560000TK

35432336P

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Santa María

Somonte/pol. 89/parc. 256

36005A089001040000TE

35390307T

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Santa María

Somonte/pol. 89/parc. 104

36005A089002580000TD

35344904E

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Santa María

Somonte/pol. 89/parc. 258

36005A089007690000TD

35344904E

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Santa María

Somonte/pol. 89/parc. 769

36005A024007120000TA

Francisca Treviño Martínez

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Carracedo

Casalderrique/pol. 24/
parc. 712

36005A024007090000TA

Francisca Treviño Martínez

Certificado catastral

Pontevedra/Caldas de Reis/Carracedo

Casalderrique/pol. 24/
parc. 709

Considerando o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 7.d) e 22.10 da Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en relación co establecido no artigo 21.1.s) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e 61.1.s) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración local de Galicia,

DISPOÑO:

Primeiro. Requirir as seguintes persoas responsables para que nun prazo máximo de quince días naturais, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, procedan á xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas sinaladas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007 sinalada anteriormente.

Segundo. Advertirlles que, no caso de persistir no incumprimento transcorrido o devandito prazo, se poderán impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres meses, cuxa contía será de novecentos euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.

En todo caso, a contía mínima que se vai impor por multa coercitiva será de cen euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

Terceiro. Advertirlles que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración poderase verificar en calquera momento, unha vez que transcorra o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Logo de que transcorra este prazo de catro anos, a Administración competente deberá reiterar o apercibimento para poder proceder ás actuacións materiais en que consista a execución subsidiaria. Ante a falta de atención do devandito apercibimento, a Administración competente realizará as súas accións de control durante os catro anos seguintes co obxectivo de que a xestión estea concluída, en todo caso, con anterioridade ao primeiro día de abril de cada ano.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez que rematen os traballos, de ser o caso.

A liquidación definitiva aprobarase unha vez que a Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria finalice os traballos de execución subsidiaria e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa e/ou retirada de especies arbóreas prohibidas establécese nas seguintes cantidades estimadas:

Núm. de expediente

Referencia catastral

Ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

1546/2025

Polígono 1, parcela 25
Concentración parcelaria de Godos

1,4524 ha

3.953,15 €/ha

5.741,56 €

2821/2025

36005A014019500000TG

0,1193 ha

3.953,15 €/ha

471,61 €

2947/2025

36005A089002780000TQ

0,0464 ha

3.953,15 €/ha

40,60 €

2958/2025

36005A089002560000TK

0,0225 ha

3.545,82 €/ha

79,78 €

2957/2025

36005A089001040000TE

0,1558 ha

3.953,15 €/ha

615,90 €

2953/2025

36005A089002580000TD

0,0219 ha

3.953,15 €/ha

86,57 €

2954/2025

36005A089007690000TD

0,0585 ha

3.545,82 €/ha

207,43 €

632/2025

36005A024007120000TA

0,0449 ha

3.953,15 €/ha

177,50 €

1315/2026

36005A024007090000TA

0,0210 ha

3.953,15 €/ha

83,02 €

Cuarto. Advertirlles que a falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Competencia de incoación do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007):

☒ Expedientes 1546/2025, 2821/2025, 2947/2025, 2958/2025, 2957/2025, 2953/2025, 2954/2025: a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio no que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada (art. 54.1 da Lei 3/2007). 

☒ Expedientes 1546/2025, 632/2025, 1315/2026: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (art. 54.3 da Lei 3/2007 en relación co art. 21.1.s) da LRBRL e 61.1.s) da LALGA).

Competencia de resolución do procedemento sancionador (artigo 54 da Lei 3/2007):

☒ Expedientes 1546/2025, 2821/2025, 2947/2025, 2958/2025, 2957/2025, 2953/2025, 2954/2025: serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves (art. 54.2 da Lei 3/2007).

☒ Expedientes 1546/2025, 632/2025, 1315/2026: a persoa titular da Alcaldía do Concello de Caldas de Reis (art. 54.3 da Lei 3/2007).

Cualificación da infracción:

Infracción leve (art. 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no art. 51.2.g) para as faltas graves.

Contía máxima da sanción pecuniaria a impor no caso de infracción leve:

1.000,00 € (art. 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no art. 50.1 da Lei 3/2007).

No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (art. 74.b).

Sanción accesoria:

Sen prexuízo doutras que se poidan establecer no devandito procedemento, procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no art. 22.2 da Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Quinto. Advertirlle que, de conformidade co sinalado na Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a persoa responsable terá a obriga de poñer en coñecemento desta Administración o inicio e a realización dos traballos de xestión, achegando, neste último caso, unha reportaxe fotográfica da súa realización. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.

Caldas de Reis, 9 de xullo de 2026 

Jacobo Pérez Gulín
Alcalde presidente