DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 30 de xullo de 2026 Páx. 42373

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de xuño de 2026, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Rois (expediente DH.V15.116298).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Concello de Rois

NIF: P1507500E.

Expediente: DH.V15.116298.

Lugar: Agro Longo.

Parroquia: Urdilde.

Concello: Rois.

Tipo de vertedura: augas residuais domésticas depuradas.

Caudal máximo anual: 64.210 m³/ano.

Punto de vertedura: X=522.332; Y=4.742.097.

Medio receptor: Rego dos Casteláns (conca do río Ulla).

Tratamento/evacuación:

As augas residuais domésticas recollidas no saneamento dos núcleos da Calle e Macedos-Urdilde son tratadas nun sistema de depuración deseñado para 546 habitantes equivalentes e constituído por unha canle de desbaste con reixa automática, peneira de parafuso autolimpante, decantador-dixestor primario, tratamento biolóxico mediante contactor biolóxico rotativo (CBR), decantador secundario e adición de cloruro férrico para a eliminación de fósforo, antes da súa vertedura ao Rego dos Casteláns mediante unha condución de PVC.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para iso, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2026

María Belén Pichel García
Xefa da Área de Verteduras