DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 31 de xullo de 2026 Páx. 42669

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 1 do Contencioso-Administrativo, procedemento ordinario 217/26.

No Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 1 do Contencioso-Administrativo, tramítase o recurso 217/26 (procedemento ordinario), interposto por Ana Margarida Roseiro Sordo Faria Claro e 17 persoas máis contra a Resolución do 10 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo en varias categorías de persoal estatutario co título de especialista en ciencias da saúde (DOG núm. 71, do 17 de abril).

O que se notifica para o xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no tribunal como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos