DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 31 de xullo de 2026 Páx. 42670

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cospeito

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle da rúa Curros Enríquez.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2026-0482, do 3 de xullo de 2026, aprobouse inicialmente o Estudo de detalle para a ordenación de volumes en rueiros con fronte á rúa Curros Enríquez. O solo afectado está clasificado polo devandito estudo de detalle como solo urbano e queda baixo a regulación das ordenanzas de zona urbana, usos mixtos e dotacional.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte á última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, de acordo co disposto no artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 194 de Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Durante o dito período poderanse formular as alegacións que se consideren pertinentes. O expediente pódese consultar nas oficinas da Secretaría municipal deste concello e tamén na súa sede electrónica (http://concellodecospeito.sedelectronica.es).

Así mesmo, faise público que, en aplicación do artigo 47 da Lei 2/2016 e do artigo 86 do Decreto 143/2016, se suspende o outorgamento das licenzas de parcelamento de terreos, edificación e demolición, polo prazo de dous anos, no ámbito de solo urbano afectado pola aprobación do estudo de detalle, dado que as determinacións que nel se conteñen supoñen unha modificación da ordenación urbanística vixente no dito ámbito.

O ámbito é o delimitado no plano de ordenación O.01 do proxecto Estudo de detalle para a ordenación de volumes en rueiros con fronte á rúa Curros Enríquez, redactado pola arquitecta Gloria Trigo Mayor, colexiada 2.139 do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Se unha vez transcorrido o dito prazo non se presentan alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Cospeito, 3 de xullo de 2026

Armando Castosa Alvariño
Alcalde