DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 31 de xullo de 2026 Páx. 42671

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dozón

ANUNCIO de nomeamento de funcionaria de carreira.

Mediante o Decreto de Alcaldía número 2026-0113, de data 16.7.2026, acordouse nomear a Vanessa Hermida Fernández, con DNI ***9213**, como funcionaria de carreira do Concello de Dozón para a praza de técnica de Administración xeral, encadrada no grupo A, subgrupo A1, escala de Administración xeral, subescala técnica.

A persoa nomeada deberá tomar posesión no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no Boletín Oficial da provincia da Pontevedra.

Dozón, 16 de xullo de 2026

Adolfo Campos Vázquez
Alcalde