DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 31 de xullo de 2026 Páx. 42672

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO das bases e da convocatoria de provisión de dous postos de letrado/a asesor/a xurídico/a polo sistema de libre designación (expediente 2101-1102).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 129, do 9 de xullo de 2026, publicáronse as bases reguladoras e a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de letrado/a asesor/a xurídico/a.

Consonte o establecido na base cuarta, o prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

A resolución da convocatoria, co nomeamento das persoas seleccionadas, publicarase no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, no taboleiro de anuncios do Concello de Vigo e na sede electrónica do Concello de Vigo.

Vigo, 9 de xullo de 2026

O alcalde
P. D. (Resolución da Alcaldía do 28.6.2024)
María Olga Alonso Suárez
Concelleira delegada de Normalización Lingüística, Educación,
Recursos Humanos e Formación

P. D. (Resolución da Alcaldía do 2.9.2025
e Acordo da Xunta de Goberno Local do 7.11.2025)
Patricia Rodríguez Calviño
Concelleira da Área de Goberno de Seguridade, Contratación,
Festas e Xestión Municipal