No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 165, do 20 de xullo de 2026, publicáronse a convocatoria e as bases xerais e específicas que rexerán para o acceso a unha praza vacante de persoal funcionario no Concello de Viveiro, incluída na oferta de emprego público do ano 2024, que a seguir se sinala:
Acceso libre.
|
Grupo |
Natureza |
Clasificación |
Núm. de prazas |
Correspondencia posto RPT |
|
C1 |
Funcionario |
Escala Administración xeral, subescala administrativa |
1 |
Administrativo/a de |
O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos dixital da corporación, nos termos establecidos nas bases.
Viveiro, 22 de xullo de 2026
María Carmen Gueimunde González
Alcaldesa
