Antecedentes:
1. O día 6 de xullo de 2026, Juan Jesús Grossio González solicitou a autorización para a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa da batea J.A.R. II.
2. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a súa tramitación.
Consideracións legais e técnicas:
1. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG núm. 243, do 16 de decembro), e coa Orde do 21 de febreiro de 2022 sobre delegación de competencias en diversos órganos de dirección da Consellería do Mar e na Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia (DOG núm. 41, do 1 de marzo).
2. A Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, nos seus artigos 209 e seguintes regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e con forma de pactos de apartación ou de mellora.
3. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG núm. 126, do 2 de xullo).
De acordo con todo o indicado,
RESOLVO:
Autorizar a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da concesión administrativa do seguinte viveiro:
Tipo: batea
Nome: J.A.R. II.
Situación:
Cuadrícula núm.: 7.
Polígono: C.
Distrito: Redondela (Pontevedra).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 20.5.1964.
Remate da vixencia: 15.12.2029.
Actual titular: María Carmen González Bragado (***9316**).
Novo titular: Juan Jesús Grossio González (***7483**).
O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e nas obrigas da anterior desde o momento da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Declarar a perda de eficacia da Resolución do 6.3.2026 pola que se lle autorizou a María Carmen González Bragado (con número de expediente PE515A-2026-00171) a extracción de semente de mexillón, debido á modificación dos termos recollidos nela, de conformidade co establecido no artigo 8.4 da Orde do 26 de outubro de 2000.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a persoa titular da Consellería do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).
Vigo, 8 de xullo de 2026
A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 21.2.2022)
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
