DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 31 de xullo de 2026 Páx. 42612

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se resolve a convocatoria de libre designación efectuada pola Resolución do 27 de maio de 2026 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo do corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza.

Visto o expediente instruído para a provisión polo sistema de libre designación dun posto de traballo do corpo de tramitación procesual e administrativa, convocado pola Resolución do 27 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, de conformidade co establecido nos artigos 524, punto 1, e 526, punto 2, da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, nos artigos 56 e seguintes do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e na Resolución do 29 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de postos de traballo da Secretaría de Goberno e das oficinas de xustiza, a Dirección Xeral de Xustiza

DISPÓN:

Primeiro. Resolver, segundo se detalla no anexo, a convocatoria pública efectuada pola Resolución desta dirección xeral do 27 de maio de 2026.

Segundo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade da persoa funcionaria, de oito días se implica cambio de localidade dentro da comunidade autónoma, e de vinte días se implica cambio de comunidade autónoma, con excepción da Comunidade Autónoma de Canarias, Comunidade Autónoma das Illes Balears, cidade de Ceuta e cidade de Melilla, en que será dun mes.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Terceiro. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de instancia competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2026

José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Centro de destino: Secretaría de Goberno

Código do posto

Denominación

CXP

CE

Corpo

Adxudicataria

XG92589000150307008.13

Tramitación-Xefatura SG na Coruña

3.587,52

11.318,40

CTPA

Vázquez Rodríguez, María