De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do BOE.
Polo anterior, e logo de intentar a notificación persoal no último enderezo coñecido ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, a seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do BOE, ante o Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, A Coruña, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Unha vez transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 17 de xullo do 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
|
Expediente |
NIF |
Acto que se notifica |
|
SAI BT 2024/73 |
H15289119 |
Requirimento de documentación |
