DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 31 de xullo de 2026 Páx. 42661

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 17 de xullo de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se somete a información pública o expediente de extinción polo vencemento do prazo de concesión de augas DH.A36.6583.

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar o expediente de extinción polo transcurso do prazo da concesión indicada no anexo, correspondente ao expediente DH.A36.6583.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A36.6583

Jesús Javier Pereira Valverde e José Luis Lois Calviño

3.780 m3

Manancial

Uso doméstico e rega

L: A Arrotea
P: Camos (Santa Baia)
C: Nigrán