En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A15.20624 e catro máis.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026
José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións
ANEXO
|
Expediente |
Titular |
VMA (m3) |
Orixe |
Destino |
Lugar (L) |
|
DH.A15.20624 |
Javier Pereira González e Celia Mª Fernández Sanjurjo |
1.104 m3 |
Pozo |
Doméstico |
L: Vilar de Locrendes |
|
DH.A27.05223 |
Ramón Barreira Rivas e Justo Carracedo Pernas |
766,50 m3 |
Manancial |
Rega |
L: Estelo |
|
DH.A15.22328 |
Eduardo Martín Sánchez |
631 m3 |
Manancial |
Doméstico e rega |
L: Niñóns |
|
DH.A15.25688 |
José Torres Quinteiro |
1.595 m3 |
Regato |
Rega |
L: Cerceda |
|
DH.A15.23116 |
Francisco Ramón Quintáns Quintáns |
3.220 m3 |
Río Buxantes |
Rega |
L: Testa da Regueira en Figueroa |
