DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 3 de agosto de 2026 Páx. 42829

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de grupo técnico da función administrativa e de grupo de xestión da función administrativa, convocado pola Resolución do 19 de decembro de 2023, e se inicia o prazo para a elección de destino.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, do 4 de febreiro de 2026 (Diario Oficial de Galicia número 31, do 16 de febreiro), habilitouse o prazo de dez (10) días hábiles para que as persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo para o acceso ás categorías do grupo técnico da función administrativa e do grupo de xestión da función administrativa, convocado pola Resolución do 19 de decembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 241, do 21 de decembro), presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos da convocatoria.

A base novena da Resolución do 19 de decembro de 2023 de convocatoria do proceso dispón que as persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións.

A mesma base dispón que, comprobada a documentación de todas as persoas aspirantes seleccionadas, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas, as prazas que se lles oferten e o procedemento e o prazo para que estas manifesten a súa opción polos destinos ofertados.

En virtude do exposto, comprobada a documentación das persoas aspirantes e finalizados os prazos de impugnación administrativa contra a Resolución do 4 de febreiro de 2026 pola que se fan públicos os acordos dos tribunais das categorías do grupo técnico da función administrativa e do grupo de xestión da función administrativa, relativos á baremación definitiva da fase de concurso, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes definitivamente seleccionadas no concurso-oposición para o ingreso nas categorías do grupo técnico da función administrativa e do grupo de xestión da función administrativa segundo a orde que, en aplicación das bases das convocatorias, se deberá seguir para os efectos da adxudicación de destino.

Segundo. Aprobar a relación de destinos que se lles ofertan ás persoas aspirantes seleccionadas nas categorías do grupo técnico da función administrativa e do grupo de xestión da función administrativa, e que figura como anexo II desta resolución.

Terceiro. Abrir un prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao desta publicación, para que as persoas aspirantes das quendas de acceso libre, promoción interna e discapacidade xeral que constan no anexo I desta resolución nas categorías do grupo técnico da función administrativa e do grupo de xestión da función administrativa seleccionen telematicamente, a través do sistema de información Fides/expedient-e, os destinos ofertados por orde de prelación.

No procedemento de selección de destinos resultarán de aplicación as bases aprobadas pola Resolución desta dirección do 28 de maio de 2020 (Diario Oficial de Galicia núm. 109, do 5 de xuño).

As persoas aspirantes que, neste prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarias de ningún polo que optasen, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.

Cuarto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2026

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes seleccionadas

Grupo de xestión da función administrativa

Núm. de orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota oposición

Formación

Experiencia profesional

Outras actividades

Puntuación total

1

***8866**

CAAMAÑO LAGO, MARIA DOLORES

PI

46,125

8,000

28,000

0,000

82,125

2

***1138**

VAZQUEZ DEMANUEL, SONIA

PI

42,500

8,000

28,000

0,000

78,500

3

***2210**

MORUJA CORUJO, MARIA TERESA

PI

40,875

8,000

28,000

0,000

76,875

4

***8465**

RODRIGUEZ GONZALEZ, ANA MARIA

PI

44,125

8,000

22,350

0,000

74,475

5

***6225**

CEBEIRO RODRIGUEZ, MIGUEL ANGEL

PI

40,375

8,000

24,758

0,000

73,133

6

***5642**

DIAZ CID, MARIA JOSE

PI

36,500

8,000

28,000

0,000

72,500

7

***0528**

FERNANDEZ PALLA, ANA

PI

48,000

8,000

15,700

0,000

71,700

8

***8356**

MARTINEZ RUSO, MARIA JOSE

PI

35,625

8,000

28,000

0,000

71,625

9

***4696**

BURGOS PEREZ, EVA

PI

47,625

8,000

14,950

0,000

70,575

10

***1482**

VAZQUEZ MARTINEZ, MARIA ISABEL

PI

46,125

8,000

16,450

0,000

70,575

11

***8151**

DOMINGUEZ PEREZ, ANA ISABEL

PI

41,500

8,000

20,000

0,000

69,500

12

***8153**

CACHEIRO PORTO, MIGUEL

PI

45,000

8,000

16,320

0,000

69,320

13

***6888**

GONZALEZ FERNANDEZ, JOSEFINA

PI

45,250

8,000

15,950

0,000

69,200

14

***3422**

NOVO BARROS, MARTA

LI

39,750

8,000

28,000

0,000

75,750

15

***4963**

MARTINEZ BARREIRO, JOSE CARLOS

LI

46,750

8,000

19,000

0,000

73,750

16

***1767**

FERNANDEZ BANDE, MANUEL

LI

37,500

8,000

28,000

0,000

73,500

17

***7912**

BARRERAS VISO, MONICA

LI

34,750

8,000

28,000

0,000

70,750

18

***6837**

BARBAZAN IGLESIAS, MARIA SALOME

LI

34,625

8,000

28,000

0,000

70,625

19

***3153**

ROMERO GANDARA, MIGUEL ANGEL

LI

51,875

8,000

9,150

0,000

69,025

20

***3375**

ALONSO BALAÑAC, MARIA MERCEDES

LI

47,000

8,000

13,866

0,000

68,866

21

***9049**

VAL MARTINEZ, MARIA DEL PILAR

LI

52,250

8,000

8,230

0,000

68,480

22

***0015**

SANDE MUÑIZ, XOAN MANOEL

LI

45,500

8,000

14,935

0,000

68,435

23

***4399**

PASTORIZA VAAMONDE, RUTH

LI

51,375

8,000

8,950

0,000

68,325

24

***8748**

PEÑARROYA BARRAL, MARGARITA

LI

41,500

8,000

15,950

0,000

65,450

25

***8802**

LONGA PASCUAL, ROBERTO

LI

39,875

8,000

16,050

0,000

63,925

26

***7124**

VILLAR RODRIGUEZ, TERESA MARIA

DI

39,375

7,300

1,600

0,000

48,275

Grupo técnico da función administrativa

Núm. orde

DNI

Apelidos e nome

Acceso

Nota oposición

Formación

Experiencia profesional

Outras actividades

Puntuación total

1

***3051**

GONZALEZ RAMOS, DANIEL

PI

35,250

8,000

9,400

0,000

52,650

2

***6524**

ARES PATIÑO, ANGEL

LI

36,625

8,000

1,390

0,000

46,015

Acceso: DI: discapacidade xeral; PI: promoción interna; LI: libre.

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.

ANEXO II

Relación de destinos ofertados

Categoría

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

Nº prazas

Grupo de xestión da función administrativa

A.S. da Coruña e Cee

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

Coruña, A

-

4

Grupo de xestión da función administrativa

A.S. da Coruña e Cee

Hospital Público Virxe da Xunqueira

Cee

-

1

Grupo de xestión da función administrativa

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide

Ferrol

-

2

Grupo de xestión da función administrativa

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Complexo Hospitalario Universitario de Lugo

Lugo

-

3

Grupo de xestión da función administrativa

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público da Mariña

Burela

-

1

Grupo de xestión da función administrativa

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público de Monforte

Monforte de Lemos

-

1

Grupo de xestión da función administrativa

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense

Ourense

-

4

Grupo de xestión da función administrativa

A.S. de Pontevedra e O Salnés

Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra

Pontevedra

-

2

Grupo de xestión da función administrativa

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

Santiago de Compostela

-

3

Grupo de xestión da función administrativa

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

5

Grupo técnico da función administrativa

A.S. da Coruña e Cee

Hospital Público Virxe da Xunqueira

Cee

-

1

Grupo técnico da función administrativa

A.S. de Vigo

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo

Vigo

-

1