DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 3 de agosto de 2026 Páx. 42886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de xullo de 2026, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica a folla de valoración ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Eixe de mobilidade sostible en Santiago de Compostela. Treito: Estación Intermodal-San Caetano, no concello Santiago, AC/22/088.06.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultar infrutuosos os intentos de notificación e/ou por descoñecerse o domicilio das persoas titulares, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a folla de valoración fundada da Administración, efectuada no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Eixe de mobilidade sostible en Santiago de Compostela. Treito: Estación Intermodal-San Caetano, clave AC/22/088.06, no concello de Santiago de Compostela.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da folla de valoración fundada da Administración e para a constancia de tal coñecemento. Unha vez transcorrido o dito prazo de dez días sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 21 de xullo de 2026

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predio

Referencia catastral

Persoas interesadas

AC/22/088.06

46

15079A026000880000GW

José García Ferrín

AC/22/088.06

47

15079A026000820000GJ

Rosario e Miguel Couselo Sarabia

AC/22/088.06

52

15079A026000570000GA

José Rivas López

AC/22/088.06

55

15079A026000590000GY

Eligio Carollo Saravia

AC/22/088.06

56

15079A026000600000GA

Manuel López Saravia

AC/22/088.06

57

15079A026000610000GB

María López Saravia

AC/22/088.06

63

15079A034000860000GD

Manuel de la Torre Domínguez

AC/22/088.06

65

15079A034000840000GK

Manuel Iglesias Quintela

AC/22/088.06

70

15079A034000790000GM

Dolores Sarabia Domínguez

AC/22/088.06

74

15079A034000760000GL

José Domínguez Domínguez

AC/22/088.06

80

15079A034000690000GY

Carmen Lamas Lamas