DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 3 de agosto de 2026 Páx. 42885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 21 de xullo de 2026, do Servizo Provincial da Coruña, polo que se notifica o intento de mutuo acordo ao non poder efectuarse as correspondentes notificacións no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Fomento da mobilidade sostible. Itinerario peonil e ciclista na AC-214. Treito: A Xira-Cambre, no concello de Cambre, AC/20/009.06.2.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ao resultar infrutuosos os intentos de notificación e/ou por descoñecerse o domicilio das persoas titulares, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio o intento de mutuo acordo efectuado no expediente de expropiación forzosa para a execución da obra Fomento da mobilidade sostible. Itinerario peonil e ciclista na AC-214. Treito: A Xira-Cambre (p.q. 7+220-8+540), clave AC/20/009.06.2, no concello de Cambre.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de dez días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer nas oficinas da sede do Servizo Provincial da Coruña da AXI, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do intento de mutuo acordo e para a constancia de tal coñecemento. Unha vez transcorrido o dito prazo de dez días sen que se efectúe a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 21 de xullo de 2026

Felipe de la Vega Gándaras
Xefe do Servizo Provincial da Coruña

ANEXO

Clave de obra

Predio

Referencia catastral

Persoa interesada

AC/20/009.06.2

19

15017A036000220000MB

Herdeiros de Anselmo Gómez Mallo