Na sesión que tivo lugar o día 23 de xullo de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de abril de 2026 (DOG núm. 67, do 13 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 22 de outubro de 2025 (DOG núm. 208, do 28 de outubro),
ACORDOU:
Primeiro. Con motivo das reclamacións presentadas polas persoas aspirantes ao primeiro exercicio, realizado o día 30 de maio de 2026, e segundo o previsto na base II.1.2.7 da convocatoria, este tribunal acorda anular as preguntas número 39 e 101 e substituílas, respectivamente, polas preguntas de reserva 141 e 142. Así mesmo, acorda desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións.
Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da convocatoria, así como nos criterios de corrección, valoración e superación do primeiro exercicio, aprobados polo tribunal na sesión do día 25 de maio de 2026, publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do primeiro exercicio, dado que o número de aspirantes é inferior a 600 (resultado de multiplicar por catro o número de prazas convocadas), superan o exercicio as persoas que obtiveran o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.
Para isto, é necesario acadar 56 respostas correctas, unha vez feitas as deducións previstas na base II.1.1.1 da convocatoria. O exercicio cualificouse de 0 a 30 puntos e, para superalo, foi necesario obter un mínimo de 15 puntos. Asignóuselles a valoración de 15 puntos no exercicio ás persoas aspirantes que obtiveron unha nota equivalente á nota de corte fixada segundo os criterios anteriores. O resto das persoas declaradas aptas tiveron unha cualificación distribuída entre os 15 e os 30 puntos, proporcional ao número de respostas correctas.
Acadaron a puntuación mínima de 15 puntos un total de douscentos corenta aspirantes, tendo en conta as exentas da súa realización e que non concorreron a exame, segundo o establecido na base II.1.1.4 da convocatoria.
Terceiro. Publicar no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes con relación ao primeiro exercicio deste proceso.
Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación realizarase a través do aplicativo Fides (https://fides.xunta.gal).
Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da resolución da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer un recurso de alzada perante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026
Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal
