A Orde do 26 de xuño de 2026, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2024/25 (Diario Oficial de Galicia núm. 128, do 10 de xullo), establece no seu artigo 11 que, para a selección, a análise e a valoración das solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa designará un xurado de selección composto por unha presidenta ou un presidente e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirectora ou subdirector xeral, xefa ou xefe de servizo, ou inspectora e inspector de educación.
De conformidade co establecido no citado artigo 11 e na disposición derradeira segunda da Orde do 26 de xuño de 2026,
RESOLVO:
Designar os membros do xurado de selección que deberá escoller, analizar e valorar as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2024/25, e facer pública a súa composición, que é a que figura a seguir:
– Titulares:
Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.
Vogais:
Jesús Manuel Rodríguez Buján, subdirector xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional.
Marisa Mallo Fernández, xefa de servizo de Programación da Formación Profesional.
Manuel Guerra Fernández, inspector de educación.
– Suplentes:
Presidenta: Cristina Lesta Íñiguez, subdirectora xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo.
Vogais:
José Antonio Jardón Bahía, xefe de servizo de Xestión da Formación Profesional.
Vanessa Piñeiro García, xefa de servizo de Coordinación co Sistema Produtivo.
Pablo Otero Pérez, xefe de servizo de Orientación e Innovación Profesional.
Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2026
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa
