DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 3 de agosto de 2026 Páx. 42692

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2026 que pon fin ao procedemento de subvencións tramitado en virtude da Orde do 25 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2026, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (código de procedemento PR486A) (Diario Oficial de Galicia número 61, do 1 de abril).

Antecedentes:

Primeiro. Mediante a Orde do 25 de marzo de 2026, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2026, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (código de procedemento PR486A) (DOG núm. 61, do 1 de abril).

Segundo. Durante o prazo establecido para o efecto, presentaron a súa solicitude as entidades que se relacionan nos anexos a esta resolución e que forman parte dela.

Terceiro. O 8 de xuño de 2026, a Dirección Xeral de Administración Local, órgano competente para a tramitación do procedemento, emitiu un informe en que recolle as actuacións realizadas para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

Cuarto. As solicitudes de subvención completas e que cumprían os requisitos de admisión foron examinadas por unha comisión de valoración presidida pola directora xeral de Administración Local, da que formaron parte as persoas titulares das delegacións territoriais da Xunta de Galicia ou quen as substituíu, e actuou como secretaria a subdirectora xeral de Xestión e Cooperación Económica coas Entidades Locais, sen voto e para levantar acta. A dita comisión elaborou unha proposta mediante acta motivada na súa reunión do día 13 de xuño de 2026.

Quinto. O 14 de xullo de 2026, a Dirección Xeral de Administración Local elevou a proposta de resolución deste procedemento de subvencións.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A norma reguladora desta convocatoria é a Orde do 25 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2026, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (código de procedemento PR486A), publicada no DOG núm. 61, do 1 de abril.

As características principais da regulación son as seguintes:

1. Programa e crédito orzamentario: as subvencións faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.141A.760.2 (código de proxecto 2016 00023), ata unha contía máxima de 3.500.000,00 €), correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

2. Finalidade da axuda: creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, que se indican no artigo 1 das bases reguladoras:

a) Obras de construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de edificios, instalacións ou dependencias municipais destinados á prestación de servizos municipais, obras de adaptación para garantir que resulten accesibles e/ou dotación de equipamentos destes edificios ou dependencias.

Para os efectos desta orde, terán a consideración de edificio, instalación ou dependencia destinada á prestación dos servizos municipais aqueles relacionados co exercicio de calquera das competencias referidas no artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, ou coa prestación dos servizos incluídos no artigo 26.1 da mesma lei.

b) Obras de acondicionamento de camiños públicos municipais e de construción, mellora, ampliación ou rehabilitación de prazas, parques, paseos e rúas.

c) Obras de instalación, ampliación ou mellora das redes de luz pública.

3. Entidades destinatarias: poden ser beneficiarios desta subvención os concellos de Galicia, de forma individual ou mediante asociacións ou agrupacións, que reúnan os requisitos exixidos nas bases reguladoras.

Segunda. Consonte o disposto no artigo 10 e na disposición derradeira primeira da Orde do 25 de marzo de 2026, xa citada, en relación co previsto no artigo 3.5 da Orde do 12 de xuño de 2024 sobre delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica e noutros órganos desta consellería (DOG núm. 117, do 18 de xuño), correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral de Administración Local, por delegación da persoa titular da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, a resolución deste procedemento de subvencións.

Terceira. De conformidade co disposto no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 10 das bases reguladoras, o órgano instrutor emitiu un informe en que se recollen as actuacións realizadas na instrución deste procedemento e se relacionan as solicitudes completas e que cumprían os requisitos previstos nas bases reguladoras e demais normativa aplicable, polo que pasan á fase de avaliación. Estas solicitudes foron examinadas pola comisión prevista no artigo 10 das bases, que as valorou conforme os criterios fixados no artigo 11, do que quedou constancia mediante acta motivada.

Cuarta. Conforme o artigo 24 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en concordancia co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a resolución notificarase a todas as entidades interesadas mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinta. Por outra banda, o artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoñen que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa ou o crédito orzamentario a que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

De acordo co anterior, con base no informe do órgano instrutor, na acta motivada da Comisión de Valoración e na proposta da Dirección Xeral de Administración Local,

RESOLVO:

1. Conceder as subvencións para a creación e/ou mellora das infraestruturas, dotacións, instalacións e equipamentos vinculados á prestación de servizos municipais, destinados a concellos de Galicia para o ano 2026, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida (código de procedemento PR486A), ás entidades que se relacionan por orde alfabética no anexo I, para as actuacións e polas contías que para cada unha se consignan.

2. Comprometer o gasto polo importe total das subvencións concedidas que ascende a 3.490.811,96 €, con cargo á aplicación orzamentaria 05.04.141A.760.2 (código de proxecto 2016 00023), que é a adecuada para tal fin e na que existe crédito suficiente, coa tramitación do documento D que soporte contablemente este acto.

3. Desestimar as demais solicitudes que se relacionan por orde alfabética no anexo II, por non ter acadado a puntuación mínima para acceder ás subvencións, sen prexuízo do previsto no artigo 22 das bases reguladoras, para o que se respectará, en todo caso, a orde de prelación establecida pola Comisión de Valoración na súa acta.

4. Inadmitir as solicitudes das entidades que se relacionan no anexo III por non ter acreditado o cumprimento dalgún dos requisitos exixidos na orde de convocatoria antes do remate do prazo de presentación de solicitudes, polas causas que para cada unha se indica.

5. Aceptar de plano a desistencia das solicitudes presentadas que se detallan no anexo IV, de conformidade co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6. Ter por desistidas da súa petición as entidades relacionadas no anexo IV, que non atenderon o requirimento de emenda de erros ou omisións na documentación presentada, nos termos indicados pola Dirección Xeral de Administración Local, dentro do prazo máximo e improrrogable de 10 días concedido para o efecto, consonte o establecido no artigo 9 das bases reguladoras e no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

7. Sen prexuízo do disposto nas bases reguladoras e na demais normativa aplicable, a concesión das subvencións ás entidades beneficiarias queda suxeita ás seguintes condicións:

a) Aceptación: de conformidade co artigo 14 da orde, as entidades beneficiarias disporán dun prazo de 10 días, contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, para comunicar a aceptación da subvención e das condicións contidas nela ou ben comunicar a renuncia á subvención concedida. Para as subvencións concedidas a agrupacións ou asociacións de concellos, o escrito de renuncia deberá vir subscrito pola persoa representante de cada un dos concellos. Transcorrido o prazo sen que se produza manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

A aceptación da subvención implica, en todo caso, o compromiso de execución completa do proxecto que fundamentou a resolución de concesión.

b) Obrigas das entidades beneficiarias: están recollidas no artigo 16 das bases reguladoras sen prexuízo da obriga do cumprimento da restante normativa de aplicación, nomeadamente en materia de subvencións.

En particular, as entidades beneficiarias están obrigadas a executar a totalidade das actuacións que integran o proxecto presentado xunto coa solicitude e que fundamentou a resolución de concesión, sen prexuízo das modificacións das características do proxecto subvencionado que o órgano competente poida autorizar consonte as prescricións da normativa de aplicación.

c) Execución dos proxectos subvencionados e prazo de xustificación: o prazo para a realización e xustificación das actuacións subvencionadas remata o 31 de outubro de 2026, sen que exista a posibilidade de efectuar pagamentos anticipados e aboamentos á conta. As entidades beneficiarias deben executar as actuacións subvencionadas e presentar a documentación xustificativa, indicada no artigo 18 das bases, no prazo referido.

A falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, sen prexuízo do previsto no artigo 45 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da devandita lei.

d) O pagamento da subvención realizarase de acordo co custo real do proxecto executado e xustificado. No caso de que o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto, a contía da subvención reducirase proporcionalmente, manténdose constante a porcentaxe de financiamento establecida na resolución de concesión ata o límite do importe concedido.

En ningún caso o menor custo de execución do proxecto subvencionado pode supoñer unha execución deficiente do proxecto e a entidade beneficiaria da subvención debe cumprir as condicións da concesión e a finalidade ou obxectivos para os cales se concedeu a axuda.

e) De conformidade co artigo 3.1 do Decreto 193/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades ás entidades locais galegas, e para os efectos do establecido no artigo 29.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considerarase gasto realizado cando se teña contabilizado o recoñecemento da obriga polo órgano competente da entidade local.

Sen prexuízo do anterior, o concello beneficiario está obrigado a acreditar documentalmente, mediante xustificante de transferencia bancaria, a efectividade dos pagamentos dos gastos correspondentes á actuación subvencionada nos prazos e na forma establecidos no artigo 20 das bases reguladoras.

f) Perda do dereito ao cobramento da subvención: as causas da perda do dereito ao cobramento da subvención, total ou parcial, establécense no artigo 21 das bases reguladoras, sen prexuízo de calquera outra causa que derive da normativa aplicable á subvención.

g) Publicidade do financiamento: todas as entidades beneficiarias deberán cumprir as obrigas de información e publicidade establecidas no artigo 16.9 das bases reguladoras.

h) Subcontratación: os concellos beneficiarios poderán concertar con terceiros a execución total do proxecto que constitúe o obxecto da subvención nos termos establecidos no artigo 17 das bases reguladoras.

Contra a resolución deste procedemento, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da devandita xurisdición.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2026

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Disposición derradeira primeira da Orde do 25.3.2026; DOG núm. 25,
do 6 de febreiro; e artigo 3 da Orde do 12.6.2024; DOG núm. 117, do 18 de xuño)
Natalia Prieto Viso
Directora xeral de Administración Local

ANEXO I

Subvencións concedidas

Núm. de expediente

Concello
beneficiario

Proxecto

Orzamento (€)

Subvención (€)

% financiamento

PR486A/2026/002

Abegondo

Mellora do pavimento da pista polideportiva do pavillón de Vios

96.625,14

40.000,00

41,40 %

PR486A/2026/009

Arbo

Obras de acondicionamento exterior do almacén municipal de Arbo

49.999,98

34.999,99

70,00 %

PR486A/2026/012

Arzúa

Implantación de elevador na casa da cultura de Arzúa, mellora da comunicación vertical

50.053,20

35.037,24

70,00 %

PR486A/2026/013

Avión

Acondicionamento de instalacións deportivas municipais

49.980,80

34.986,56

70,00 %

PR486A/2026/021

Beade

Mellora e adaptación edificio destinado á prestación de servizos municipais nas Regadas

48.190,26

33.733,18

70,00 %

PR486A/2026/022

Beariz

Instalación de pista multideporte no campo de fútbol do Monte da Goberna, Beariz

48.254,81

33.778,37

70,00 %

PR486A/2026/024

Begonte

Mellora da accesibilidade do conservatorio de Baamonde

48.495,54

33.946,88

70,00 %

PR486A/2026/025

Betanzos

Subministración de mobiliario para o Centro de Información á Muller (CIM)

13.878,91

9.715,24

70,00 %

PR486A/2026/027

Boborás

Instalación de pista de pádel

49.860,70

34.902,49

70,00 %

PR486A/2026/028

Boborás e Avión (agrupación de concellos)

Rehabilitación do firme da estrada de Avión-Boborás

51.515,56

36.060,89

70,00 %

PR486A/2026/032

Bolo, O

Mellora da eficiencia enerxética no pavillón deportivo

16.576,58

11.603,61

70,00 %

PR486A/2026/034

Bóveda

Mellora no centro social de Guntín

50.000,00

35.000,00

70,00 %

PR486A/2026/035

Brión

Creación de aparcamento e mellora da accesibilidade de varias instalacións municipais

48.398,21

33.878,75

70,00 %

PR486A/2026/039

Cabanas

Obras de mellora e adecuación da instalación deportiva da Veiga

40.000,00

28.000,00

70,00 %

PR486A/2026/042

Cambados

Reparación do muro perimetral do CEIP Magariños e mellora da accesibilidade conforme a normativa

45.828,46

32.079,92

70,00 %

PR486A/2026/046

Carballeda de Avia

Reparación de cuberta de pavillón deportivo e mellora de accesibilidade en colexio público en Carballeda de Avia

47.099,93

32.969,95

70,00 %

PR486A/2026/050

Carral

Mellora do pavimento de beirarrúas da avenida dos Mártires

50.746,02

35.522,21

70,00 %

PR486A/2026/051

Cartelle

Obras de melloras de accesibilidade na casa do concello e baño da planta primeira

50.000,00

35.000,00

70,00 %

PR486A/2026/052

Castrelo de Miño e Cartelle (agrupación de concellos)

Acondicionamento de camiño de acceso ao núcleo da Bouza

50.000,00

35.000,00

70,00 %

PR486A/2026/059

Cee

Reforma de aseos das dependencias do concello de Cee para adaptalos a persoas de mobilidade reducida

47.816,38

33.471,47

70,00 %

PR486A/2026/063

Cerdedo Cotobade

Renovación de parque infantil en Quireza

48.074,52

33.652,16

70,00 %

PR486A/2026/064

Cerdido

Obras de mellora dos vestiarios no pavillón municipal

47.998,49

33.598,94

70,00 %

PR486A/2026/065

Cervantes

Substitución da cuberta no antigo colexio de Donís

53.423,39

37.396,37

70,00 %

PR486A/2026/066

Cervo

Mellora da accesibilidade dos vestiarios da piscina municipal de Lieiro

48.168,54

33.717,98

70,00 %

PR486A/2026/068

Chantada

Melloras nas pistas de tenis no parque Eloísa Rivadulla

51.462,34

36.023,64

70,00 %

PR486A/2026/071

Corgo, O

Mellora da eficiencia enerxética e das condicións de seguridade en iluminación pública

57.095,93

39.967,15

70,00 %

PR486A/2026/072

Coristanco

Mellora da accesibilidade nos baños e de prestación de servizos no edificio multiúsos

48.380,64

33.866,45

70,00 %

PR486A/2026/073

Cortegada

Acondicionamento de espazos públicos en Leirado

58.081,95

40.000,00

68,87 %

PR486A/2026/074

Cospeito

Construción de pista deportiva para tenis en Feira do Monte

56.566,04

39.596,23

70,00 %

PR486A/2026/075

Covelo

Acondicionamento do camiño de acceso ao punto limpo municipal en Covelo

38.107,80

26.675,46

70,00 %

PR486A/2026/076

Crecente

Reforma da cuberta da casa do concello

74.776,85

40.000,00

53,49 %

PR486A/2026/077

Curtis

Obras de renovación do ximnasio do pavillón municipal de Curtis

50.362,05

35.253,44

70,00 %

PR486A/2026/084

Fisterra

Novo local social vinculado a uso deportivo e expositivo no ámbito do campo de fútbol Ara Solis

57.553,24

40.000,00

69,50 %

PR486A/2026/088

Frades

Mellora viarios praza Ponte Carreira

53.832,66

37.682,86

70,00 %

PR486A/2026/089

Frades e Oroso (agrupación de concellos)

Mellora viario Fontelo-A Igrexa

95.623,41

50.000,00

52,29 %

PR486A/2026/090

Friol

Mellora do firme de acceso de Camposa a San Martiño de Bra e Anxeriz

49.999,58

34.999,71

70,00 %

PR486A/2026/096

Guntín

Actuacións para o reacondicionamento e mellora da accesibilidade dos vestiarios da piscina municipal

52.055,06

36.438,54

70,00 %

PR486A/2026/100

Irixo, O

Melloras no pavillón municipal: construción de beirarrúas e adecuación de espazos

47.931,58

33.552,11

70,00 %

PR486A/2026/101

Irixoa, Aranga, Monfero e Vilarmaior (agrupación de concellos)

Obras de mellora na escola de Veríns

50.000,00

35.000,00

70,00 %

PR486A/2026/105

Láncara

Acondicionamento e mellora da estrada municipal de acceso ao Furco

39.999,51

27.999,66

70,00 %

PR486A/2026/107

Larouco

Mellora de infraestrutura en Larouco, concello de Larouco

40.000,00

28.000,00

70,00 %

PR486A/2026/108

Laxe

Melloras no pavillón municipal de Laxe

48.383,18

33.868,23

70,00 %

PR486A/2026/109

Laza

Mellora de cuberta de infraestrutura municipal: pavillón polideportivo

39.876,65

27.913,66

70,00 %

PR486A/2026/110

Leiro

Acondicionamento praza de San Roque en Lebosende

50.000,00

35.000,00

70,00 %

PR486A/2026/114

Malpica de Bergantiños

Rehabilitación do parque de Santirso

49.997,54

34.998,28

70,00 %

PR486A/2026/116

Marín

Acondicionamento do acceso a Chan do Monte

65.647,13

40.000,00

60,93 %

PR486A/2026/117

Maside

Creación de cuberta para pista de pádel

48.399,67

33.879,77

70,00 %

PR486A/2026/118

Maside e O Carballiño (agrupación de concellos)

Acondicionamento do camiño público municipal situado nas paraxes de Fonteboa e Manzano

50.868,74

35.608,12

70,00 %

PR486A/2026/119

Mazaricos e Outes (agrupación de concellos)

Mellora da pista a Cerdeiras (Outes) e do camiño de Sendón (Mazaricos)

62.500,00

43.750,00

70,00 %

PR486A/2026/122

Merca, A

Mellora e acondicionamento do viario municipal de acceso ao núcleo da Mezquita

46.484,44

32.539,11

70,00 %

PR486A/2026/124

Mezquita, A

Acondicionamento de rúa San Roque en Santigoso, concello da Mezquita

50.000,00

35.000,00

70,00 %

PR486A/2026/131

Monterrei

Acondicionamento dos viais interiores do cemiterio de Monterrei

48.000,00

33.600,00

70,00 %

PR486A/2026/134

Mos

Rehabilitación funcional da nave de emerxencias municipal para mellora da capacidade operativa do Servizo de Protección Civil de Mos

39.996,42

27.997,49

70,00 %

PR486A/2026/135

Mugardos

Obras de mantemento e conservación do edificio do concello de Mugardos

48.189,13

33.732,39

70,00 %

PR486A/2026/138

Muxía

Concello accesible

59.177,99

40.000,00

67,59 %

PR486A/2026/142

Neves, As

Accesibilidade na piscina pequena As Neves

27.667,16

19.367,01

70,00 %

PR486A/2026/145

Oia

Construción dun pumptrack infantil no concello de Oia

48.191,24

33.733,87

70,00 %

PR486A/2026/146

Oímbra

Construción de cuberta para pista de pádel en Oímbra

50.000,00

35.000,00

70,00 %

PR486A/2026/147

Ordes

Mellora dos vestiarios do campo de fútbol de Vista Alegre

47.995,65

33.596,96

70,00 %

PR486A/2026/150

Ortigueira

Renovación pista polideportiva A Penela-Loiba

37.940,53

26.558,37

70,00 %

PR486A/2026/152

Outeiro de Rei

Mellora das instalacións deportivas no campo de fútbol municipal do parque empresarial de Outeiro de Rei

50.000,00

35.000,00

70,00 %

PR486A/2026/153

Outes

Melloras en instalacións deportivas do concello de Outes 2026

50.000,00

35.000,00

70,00 %

PR486A/2026/154

Oza Cesuras

Obras de mellora da envolvente nas instalacións do complexo deportivo de Loureiros

54.020,20

37.814,14

70,00 %

PR486A/2026/158

Palas de Rei e Monterroso (agrupación de concellos)

Mellora dos accesos en Palas de Rei e Monterroso

39.182,70

27.427,89

70,00 %

PR486A/2026/163

Páramo, O

Rexeneración de pavimento en viais municipais do Concello do Páramo-Acceso a Batán e camiño de Outeiro á Gándara

32.637,55

22.846,29

70,00 %

PR486A/2026/164

Pastoriza

Reforma e adecuación dos vestiarios do pavillón polideportivo de Bretoña en Pastoriza

48.398,11

33.878,68

70,00 %

PR486A/2026/165

Pedrafita do Cebreiro

Mellora de instalación eléctrica e telecomunicacións na casa do concello

44.344,90

31.041,43

70,00 %

PR486A/2026/166

Pereiro de Aguiar, O

Rehabilitación e mellora de pavimentos de dúas pistas deportivas do Pereiro de Aguiar

61.800,65

40.000,00

64,72 %

PR486A/2026/167

Peroxa, A

Ampliación de instalación para promover o envellecemento activo e saudable

89.961,83

40.000,00

44,46 %

PR486A/2026/169

Pino, O e Touro (agrupación de concellos)

Mellora da seguridade viaria na contorna da ponte de Mogos (O Pino-Touro)

62.500,00

43.750,00

70,00 %

PR486A/2026/173

Poio

Pavimentación en Camiño da Bouza e Travesía do Muiño, San Xoán

48.395,78

33.877,05

70,00 %

PR486A/2026/174

Ponte Caldelas

Obras de mellora dos camiños interiores da Pousa, Ponte Caldelas

51.710,00

36.197,00

70,00 %

PR486A/2026/175

Ponteareas

Mellora da accesibilidade do pavillón nº 1 do complexo deportivo Álvaro Pino

33.494,88

23.446,42

70,00 %

PR486A/2026/176

Ponteceso

Actuacións en camiños municipais en Carballido: Act. 1. Ensanchamento e acondicionamento Act. 2 Acondicionamento

48.388,35

33.871,85

70,00 %

PR486A/2026/179

Pontedeva

Camiño de acceso ao centro de saúde

46.895,01

32.826,51

70,00 %

PR486A/2026/188

Quintela de Leirado

Renovación mobiliario casa do concello

3.179,20

2.225,44

70,00 %

PR486A/2026/192

Ramirás e Gomesende (agrupación de concellos)

Mellora do firme e limpeza de gabias no camiño a Escudeiros

36.536,81

25.575,77

70,00 %

PR486A/2026/193

Redondela

Substitución de luminarias no casco urbano (Alameda, Paseo da Xunqueira e Meixón Frío)

19.841,08

13.888,76

70,00 %

PR486A/2026/194

Rianxo

Acondicionamento do espazo deportivo xuvenil do Campo de Arriba da alameda de Rianxo

48.380,64

33.866,45

70,00 %

PR486A/2026/195

Ribadavia

Mellora da envolvente térmica da casa da cultura de Ribadavia

39.990,12

27.993,08

70,00 %

PR486A/2026/196

Ribadumia

Mellora das instalacións e equipamentos campo de fútbol municipal da Bouza en Barrantes

47.917,67

33.542,37

70,00 %

PR486A/2026/198

Ribeira

Adquisición de mobiliario para a nova casa do concello de Ribeira

50.632,45

35.442,72

70,00 %

PR486A/2026/199

Ribeira de Piquín, A

Dotación de equipamento e elementos de accesibilidade na casa do concello da Ribeira de Piquín

48.810,14

34.167,10

70,00 %

PR486A/2026/200

Riós, O

Rehabilitación praza en Florderrei no concello do Riós

32.996,26

23.097,38

70,00 %

PR486A/2026/201

Rodeiro e Agolada (agrupación de concellos)

Pavimentación de camiño municipal en Pedroso-Gurgueiro

58.721,62

41.105,13

70,00 %

PR486A/2026/202

Rois e Brión (agrupación de concellos)

Mellora viario Vilar de Abade á Igrexa

62.500,00

43.750,00

70,00 %

PR486A/2026/206

Salvaterra de Miño

Instalación de sistema de climatización na biblioteca municipal

26.743,92

18.720,74

70,00 %

PR486A/2026/207

San Cibrao das Viñas

Obra de humanización de praza en Calvos

50.777,34

35.544,14

70,00 %

PR486A/2026/212

Sanxenxo

Instalación de ascensor para a mellora da accesibilidade no centro cultural de Nantes, Sanxenxo

59.301,29

40.000,00

67,45 %

PR486A/2026/214

Saviñao, O

Mellora da área recreativa A Devesa

50.000,00

35.000,00

70,00 %

PR486A/2026/220

Teixeira, A

Adecuación de acceso de servizo á residencia da terceira idade

44.714,67

31.300,27

70,00 %

PR486A/2026/221

Teo

Reforma interior e renovación da cuberta da casa común de Solláns

41.037,15

28.726,01

70,00 %

PR486A/2026/224

Tordoia

Eliminación de barreiras arquitectónicas e adecuación da contorna do pavillón municipal de Pontepedra

42.230,48

29.561,34

70,00 %

PR486A/2026/226

Trabada

Renovación da cuberta do pavillón polideportivo municipal de Trabada

51.418,70

35.993,09

70,00 %

PR486A/2026/228

Triacastela

Melloras nas instalacións existentes na casa do concello de Triacastela

44.630,61

31.241,43

70,00 %

PR486A/2026/231

Valadouro, O

Reforma da escola infantil de Ferreira do Valadouro

50.120,44

35.084,31

70,00 %

PR486A/2026/232

Valdoviño

Mellora de carpintarías e da climatización e instalación de enerxía solar fotovoltaica no pavillón do Longoiro, Valdoviño

49.999,99

34.999,99

70,00 %

PR486A/2026/236

Verea

Posta en funcionamento da instalación deportiva municipal do concello de Verea

39.978,79

27.985,15

70,00 %

PR486A/2026/237

Vicedo, O

Construción de pista multideportiva exterior no recinto do pavillón municipal do Vicedo

48.366,24

33.856,37

70,00 %

PR486A/2026/239

Vila de Cruces

Obras de mellora da accesibilidade no auditorio Xosé Casal

30.498,33

21.348,83

70,00 %

PR486A/2026/242

Vilamarín

Mellora da fachada exterior da vivenda situada en Tamallancos

48.395,04

33.876,53

70,00 %

PR486A/2026/245

Vilar de Barrio

Mellora de accesibilidade e construción de aseos no campo de fútbol de Vilar de Barrio

50.000,00

35.000,00

70,00 %

PR486A/2026/247

Vilardevós

Mellora de accesibilidade na casa do concello e acondicionamento de rúas en Vilardevós

49.813,92

34.869,74

70,00 %

PR486A/2026/249

Vilarmaior

Mellora de firme de vial en Liñares

48.065,01

33.645,51

70,00 %

PR486A/2026/251

Viveiro

Reposición de parte de carpintaría exterior do pavillón polideportivo municipal de Viveiro

48.215,68

33.750,98

70,00 %

PR486A/2026/252

Xinzo de Limia

Reparación da cuberta central do edificio da casa da cultura de Xinzo de Limia

42.036,23

29.425,36

70,00 %

Totais

5.119.709,31

3.490.811,96

ANEXO II

Solicitudes desestimadas

Núm. de expediente

Concello solicitante

Proxecto

Orzamento (€)

PR486A/2026/001

Abadín

Mellora dos aseos e vestiarios do ximnasio municipal de Abadín

50.000,00

PR486A/2026/003

Agolada

Mellora da accesibilidade no centro de saúde de Agolada

48.292,91

PR486A/2026/004

Alfoz do Castrodouro

Actuacións de mellora no pavillón polideportivo de Alfoz

44.526,76

PR486A/2026/005

Allariz

Mellora de infraestruturas e equipamentos sociais-comedor Fogar do Maior

48.153,50

PR486A/2026/006

Amoeiro

Mellora da accesibilidade no estadio de fútbol da Penafita

48.399,03

PR486A/2026/007

Antas de Ulla

Mellora da accesibilidade no campo de fútbol municipal de Antas de Ulla

49.850,40

PR486A/2026/008

Aranga

Acondicionamento da casa do concello para albergar despachos de servizos sociais

48.310,17

PR486A/2026/010

Ares

Equipamento deportivo de parque infantil, iluminación exterior e peche perimetral do CIRS de Cervás

104.048,67

PR486A/2026/011

Arnoia, A

Reforma de zona deportiva da vila termal para instalación de pista de pádel

48.398,56

PR486A/2026/014

Baiona

Traballos de reparación e mellora de infraestruturas municipais (pistas multideporte) no concello de Baiona

31.110,09

PR486A/2026/015

Baleira

Mellora do acceso en rega asfáltica desde Puñago a Valdería

50.595,96

PR486A/2026/016

Baltar

Mellora no polideportivo municipal de Baltar

47.696,69

PR486A/2026/017

Bande

Adecuación e mellora de aseos e vestiarios no pavillón polideportivo municipal de Bande

29.092,17

PR486A/2026/018

Baña, A

Creación de instalación deportiva municipal de uso público ao aire libre para calistenia

50.000,00

PR486A/2026/019

Baños de Molgas

Mellora de accesibilidade na planta baixa do concello de Baños de Molgas

49.837,25

PR486A/2026/020

Barbadás

Mellora de accesibilidade e renovación dos vestiarios da piscina dos Carrís na Valenzá

49.997,91

PR486A/2026/023

Becerreá

Rehabilitación da casa da cultura

45.016,50

PR486A/2026/029

Boimorto

Obras de mellora na piscina municipal

47.956,91

PR486A/2026/030

Boiro

Posta en funcionamento de servizos municipais no campo de fútbol «A Mina» de Lampón destinado ao ámbito municipal e supramunicipal

215.476,20

PR486A/2026/031

Bola, A

Mellora accesibilidade CEMIT e instalación de xogos

48.000,00

PR486A/2026/033

Boqueixón

Melloras no polideportivo de Lestedo

49.999,18

PR486A/2026/036

Bueu

Dotación de novo equipamento e mobiliario para a biblioteca municipal Torrente Ballester

42.236,26

PR486A/2026/037

Burela

Reforma e mellora da accesibilidade nos baños do pavillón municipal de Burela

53.751,14

PR486A/2026/038

Cabana de Bergantiños

Rehabilitación de edificio municipal destinado a local social de Silvarredonda

62.935,67

PR486A/2026/040

Caldas de Reis

Actuacións de conservación e mellora do patio exterior da gardaría municipal

53.846,92

PR486A/2026/041

Calvos de Randín

Mellora de infraestruturas no concello de Calvos de Randín

48.279,00

PR486A/2026/044

Cangas de Morrazo

Pavimentación rúa do Gueo

40.341,10

PR486A/2026/045

Caniza, A

Obras de mellora e acondicionamento na escola infantil municipal (EIM) da Caniza

47.427,15

PR486A/2026/047

Carballedo

Reforma de cuberta do pavillón de deportes

50.000,00

PR486A/2026/048

Carballiño, O

Acondicionamento de cancha exterior do pavillón de deportes municipal

47.813,62

PR486A/2026/053

Castrelo de Miño

Impermeabilización da cuberta dos vestiarios do Parque Náutico de Galicia

50.000,00

PR486A/2026/054

Castrelo do Val

Acondicionamento de rúa O Toural, en Castrelo do Val

36.481,72

PR486A/2026/055

Castro de Caldelas, O

Mellora da envolvente exterior de fachada no pavillón polideportivo do Castro de Caldelas

39.907,12

PR486A/2026/056

Castro de Rei

Acondicionamento e mellora da escola infantil de Castro Ribeiras de Lea

44.063,55

PR486A/2026/057

Catoira

Mellora da accesibilidade e das infraestruturas da Casa das Artes

48.392,29

PR486A/2026/058

Cedeira

Mellora do firme na rúa Camiño do Beco-Concello de Cedeira

106.259,56

PR486A/2026/060

Celanova

Mellora pavimentación contorna do pavillón municipal e nos accesos á área de servizo de autocaravanas

58.395,30

PR486A/2026/062

Cerceda

Reparación e rehabilitación da piscina municipal da Silva no concello de Cerceda

48.248,75

PR486A/2026/067

Chandrexa de Queixa

Acondicionamento e pavimentación do camiño público do Oural

50.000,00

PR486A/2026/069

Coles

Mellora do núcleo de Meriz

57.485,10

PR486A/2026/070

Corcubión

Obras de mellora da pista deportiva na casa do concello

46.621,32

PR486A/2026/078

Dodro

Melloras de accesibilidade na escola unitaria de Laíño

36.282,52

PR486A/2026/079

Dozón

Mellora de accesibilidade á praza pública do Castro desde a rúa Médico Martínez Iglesias

50.000,00

PR486A/2026/080

Dumbría

Arranxos en vestiarios de campo de fútbol «O Conco»

45.709,60

PR486A/2026/081

Entrimo

Mellora das instalacións do pavillón de deportes municipal no concello de Entrimo

40.000,00

PR486A/2026/082

Esgos

Acondicionamento de camiño de acceso a Vilar de Ordelles

43.697,48

PR486A/2026/083

Estrada, A

Mellora accesibilidade do edificio da Policía Local

40.000,00

PR486A/2026/085

Folgoso do Courel

Reforma e ampliación da casa do concello

50.903,11

PR486A/2026/086

Fornelos de Montes

Mellora das infraestruturas e da accesibilidade do centro cultural de Pardelongas

48.398,56

PR486A/2026/087

Foz

Reforma de iluminación pública urbana na praza Rosalía de Castro e arredores

73.342,40

PR486A/2026/091

Gomesende

Renovación da iluminación pública en 7 núcleos do concello de Gomesende

52.459,22

PR486A/2026/092

Gondomar

Mellora da pavimentación e seguridade viaria no camiño Freixeiro-Paraboa (Chaín)

47.080,28

PR486A/2026/093

Grove, O

Dotación de aseo autolimpable accesible na praza do Corgo

50.000,00

PR486A/2026/094

Gudiña, A

Acondicionamento e equipamento para sala-ximnasio

15.520,43

PR486A/2026/095

Guitiriz

Mellora das instalacións do pavillón municipal Jonathan Carro Paz de Guitiriz

49.652,54

PR486A/2026/097

Illa de Arousa, A

Mellora da iluminación do campo de fútbol municipal da Bouza

50.000,00

PR486A/2026/102

Irixoa

Mellora no vial Cruceiro-Xielas

47.286,33

PR486A/2026/103

Lalín

Acondicionamento de camiño público en Castro de Abaixo, Lalín

48.328,04

PR486A/2026/104

Lama, A

Creación de corredor seguro e accesible na contorna do pavillón, colexio, centro de día e multiusos

50.432,72

PR486A/2026/106

Laracha, A

Actuacións de renovación de acabado exterior e de material de cuberta do local social do Rapadoiro

48.382,40

PR486A/2026/111

Lobeira

Humanización da praza da igrexa de Sabariz

47.612,65

PR486A/2026/112

Lobios

Rehabilitación do pavimento no barrio de Pazos

52.467,18

PR486A/2026/113

Lousame

Mellora de viario de Fruíme a Ces

50.000,00

PR486A/2026/120

Meaño

Rehabilitación parque infantil da alameda de Dena

45.000,00

PR486A/2026/121

Meis

Mellora da accesibilidade na avenida Médico Paz García

48.355,93

PR486A/2026/123

Mesía

Pista pump track complexo Mata Xanceda

50.000,00

PR486A/2026/125

Miño

Acondicionamento de local para centro da xuventude

121.069,97

PR486A/2026/126

Mondariz

Mellora das infraestruturas e da accesibilidade do teleclube de Riofrío

48.296,98

PR486A/2026/127

Mondariz Balneario

Subministración de mobiliario para edificación da casa do concello

18.079,29

PR486A/2026/128

Mondoñedo

Mellora dos baños públicos da alameda dos Remedios

45.398,34

PR486A/2026/129

Montederramo

Mellora praza do concello de Montederramo

56.881,82

PR486A/2026/132

Monterroso

Mellora da rúa Camiño Real e praza do Campo

52.373,64

PR486A/2026/133

Moraña

Mellora de accesibilidade nos recursos turísticos na Vía Mariana

48.042,53

PR486A/2026/136

Muíños

Melloras varias en infraestruturas deportivas no concello de Muíños

48.200,00

PR486A/2026/137

Muros

Construción de espazo cuberta con fachada acristalada no campo de fútbol de Louro

48.399,53

PR486A/2026/139

Navia de Suarna

Rehabilitación e mellora de accesibilidade de inmoble municipal en Galegos

59.985,67

PR486A/2026/140

Negreira

Creación de instalación deportiva municipal de uso público ao aire libre para calistenia

50.000,00

PR486A/2026/141

Negueira de Muñiz

Mellora do local cultural e social de Negueira

28.420,60

PR486A/2026/143

Nigrán

Renovación equipamento informático nas dependencias municipais

51.013,60

PR486A/2026/144

Noia

Intervención no pavillón Alonso Rodríguez

91.289,33

PR486A/2026/151

Ourol

Mellora do equipamento informático e do mobiliario do edificio da casa do concello de Ourol

11.789,55

PR486A/2026/155

Paderne

Obras de mellora parque infantil San Mamede

47.847,73

PR486A/2026/156

Paderne de Allariz

Mellora do acondicionamento acústico no pavillón municipal de Paderne de Allariz

29.975,12

PR486A/2026/157

Padrón

Renovación do acabado exterior das fachadas da casa do concello (modificado)

58.744,90

PR486A/2026/159

Palas de Rei

Pavimentación accesos a Mato (Palas de Rei)

47.747,33

PR486A/2026/160

Pantón

Construción de pista de pádel

50.000,00

PR486A/2026/161

Parada de Sil

Acondicionamento da biblioteca municipal

36.193,97

PR486A/2026/162

Paradela

Pavimentación dos accesos ás Reigañas e Santalla

40.350,24

PR486A/2026/168

Petín

Melloras no inmoble e infraestruturas da casa do concello de Petín

37.929,17

PR486A/2026/170

Pino, O

Mellora na cuberta do centro sociocultural Luis Seoane

49.999,95

PR486A/2026/171

Pobra de Trives, A

Obras de rehabilitación e mellora da casa do concello da Pobra de Trives

39.986,58

PR486A/2026/172

Pobra do Caramiñal, A

Ampliación viario na Ribeiriña

76.537,90

PR486A/2026/177

Pontecesures

Mellora da área de estancia no camiño dos Acevedos, en Pontecesures

66.402,33

PR486A/2026/178

Pontedeume

Obras de conservación e mellora na cuberta da antiga escola de Noguerosa

48.279,00

PR486A/2026/180

Pontenova, A

Pavimentación de beirarrúas no rueiro RM9 do planeamento da Pontenova

51.276,05

PR486A/2026/181

Pontes de García Rodríguez, As

Mellora de capa de rodaxe en ronda do Poboado e rúa Valle-Inclán (As Pontes)

54.700,09

PR486A/2026/182

Porqueira

Construción dunha pista de pádel nas piscinas municipais de Porqueira

48.000,00

PR486A/2026/183

Porriño, O

Mellora da accesibilidade no local social de Chenlo

48.398,57

PR486A/2026/184

Portas

Acondicionamento de camiños públicos en Paredes (Portas)

48.353,32

PR486A/2026/185

Porto do Son, O

Mellora de accesibilidade: substitución do ascensor no concello do Porto do Son

48.615,37

PR486A/2026/186

Portomarín

Obras de mellora da nave de servizos municipais

49.995,79

PR486A/2026/187

Punxín

Acondicionamento camiño Figueiroa-Barxelas

48.400,00

PR486A/2026/189

Rábade

Remodelación do pavillón polideportivo municipal

49.222,79

PR486A/2026/190

Rairiz de Veiga

Mellora integral de espazos públicos de convivencia infantil en Sabariz e A Saínza

40.000,00

PR486A/2026/191

Ramirás

Rehabilitación e mellora de acceso ao campo de fútbol de Grixo-O Barreiro

48.378,79

PR486A/2026/197

Ribas de Sil

Actuacións de mellora da accesibilidade no CEIP de San Clodio e no pavillón polideportivo municipal

28.656,03

PR486A/2026/205

Salceda de Caselas

Obras para a posta en valor da contorna do Pozo da Feira

52.348,28

PR486A/2026/208

San Cristovo de Cea

Renovación en vías de titularidade municipal afectadas por intensas choivas

49.998,22

PR486A/2026/209

San Xoán de Río

Acondicionamento de edificio polivalente no concello de San Xoán de Río

38.888,89

PR486A/2026/210

Santa Comba

Mellora da piscina municipal exterior mediante instalación de céspede artificial e dotación de accesibilidade

40.000,00

PR486A/2026/211

Santiso

Obras de acondicionamento da piscina municipal

47.968,90

PR486A/2026/213

Sarria

Mellora de infraestruturas viaria en varias rúas do casco urbano do concello de Sarria

43.497,54

PR486A/2026/215

Silleda

Mellora equipamento audiovisual en espazos públicos

12.848,47

PR486A/2026/216

Sober

Mellora da pavimentación na zona das Adegas e O Campileiro en Proendos

50.000,00

PR486A/2026/217

Somozas, As

Melloras do edificio de usos múltiples (antiga casa do concello)

47.999,97

PR486A/2026/219

Taboadela

Parque infantil cuberto na Telleira

37.805,99

PR486A/2026/223

Toques

Obras de mellora da piscina municipal

46.781,55

PR486A/2026/225

Touro

Mellora enerxética da cuberta do pavillón polideportivo do concello de Touro

125.579,93

PR486A/2026/227

Trazo

Mellora da envolvente do centro de saúde de Agro do Mestre

59.090,62

PR486A/2026/229

Tui

Rehabilitación e posta en servizo dunha infraestrutura municipal destinada a aseos públicos accesibles

48.370,33

PR486A/2026/230

Val do Dubra

Mellora do viario de acceso ao campo de fútbol Juan Baleato

48.399,99

PR486A/2026/233

Valga

Acondicionamento e mellora de baños e oficinas da planta primeira do concello de Valga

48.398,84

PR486A/2026/234

Vedra

Construción parque infantil no campo da festa de San Mamede (Vedra)

35.550,50

PR486A/2026/235

Veiga, A

Mellora da accesibilidade no núcleo rural de Prada vinculado ao centro apícola e centro de procesado da Faba Loba

50.000,00

PR486A/2026/240

Vilaboa

Acondicionamento interior da casa do concello

45.793,91

PR486A/2026/241

Vilalba

Substitución de cuberta e equipamentos no volume de servizos anexo á pista do pavillón Mato Vizoso

49.345,06

PR486A/2026/243

Vilamartín de Valdeorras

Acondicionamento do acceso ao núcleo de Correxais

51.974,40

PR486A/2026/244

Vilanova de Arousa

Sinalización pedagóxica en Vilanova de Arousa

39.819,89

PR486A/2026/246

Vilar de Santos

Construción, mellora e ampliación de parque infantil

50.007,33

PR486A/2026/248

Vilariño de Conso

Mellora de infraestrutura municipal en Vilariño de Conso

40.000,00

PR486A/2026/250

Vilasantar

Acondicionamento na parroquia de Présaras de espazos destinados á estrutura lúdica e parque infantil

39.536,97

PR486A/2026/253

Xove

Mellora de instalacións e da accesibilidade na planta baixa do concello

101.338,12

ANEXO III

Solicitudes inadmitidas

Núm. de expediente

Concello

Proxecto

Orzamento (€)

Motivo

PR486A/2026/061

Cenlle

Mellora do accesos ao núcleo da Quintá

48.000,00

Non cumpre o requisito establecido no artigo 3.2.c)

PR486A/2026/063

Cerdedo Cotobade

Renovación de parque infantil en Quireza e cerramento lateral de parque infantil de Cerdedo

3.117,09

Causa de inadmisión establecida no artigo 2.3.f) (inadmisión parcial)

PR486A/2026/115

Mañón

Subministración de mobiliario urbano en porto do Barqueiro e outros

40.000,00

Causa de inadmisión establecida no artigo 2.3.f)

PR486A/2026/148

Ordes e Tordoia (agrupación de concellos)

Mellora do viario de acceso a Liste

63.085,69

Causa de inadmisión establecida no artigo 2.3.e). A actuación prevista no concello de Tordoia non se encadra no obxecto das subvencións definido no artigo 1

PR486A/2026/149

Oroso

Reparación de cuberta do edificio municipal situado na praza Isaac Díaz Pardo

45.889,25

Non acredita, na forma exixida polas bases reguladoras, o requisito establecido no artigo 3.2.c)

PR486A/2026/163

Páramo, O

Rexeneración de pavimento en viais municipais do concello do Páramo-Acceso a Batán, camiño de Outeiro á Gándara e estrada da LU-P-4302 a Quintián

15.761,81

Tramo 3 incumpre o requisito de elixibilidade do artigo 1 (inadmisión parcial)

PR486A/2026/193

Redondela

Substitución de luminarias no casco urbano

20.158,91

Causa de inadmisión establecida no artigo 2.3.f) (inadmisión parcial das rúas Esfarrapada, Espírito Santo, Telmo Bernárdez, Muíño, Figueiras, Isidoro Queimaliños e Adro)

PR486A/2026/204

Rosal, O

Recuperación de espazo público: pista deportiva e parque infantil na Cunchada

95.168,59

Non cumpre o requisito establecido no artigo 3.2.c)

PR486A/2026/218

Soutomaior

Humanización na fonte do Regueiro en Alxán

48.394,81

Non cumpre o requisito establecido no artigo 3.2.c)

PR486A/2026/222

Tomiño

Sistema integral de videovixilancia municipal

47.432,00

Incumpre o requisito de elixibilidade do artigo 1

PR486A/2026/222

Vila de Cruces e Santiso (agrupación de concellos)

Mellora do viario de Beigondo (Santiso) a Loño (Vila de Cruces)

62.500,00

Causa de inadmisión establecida no artigo 2.3.e)

ANEXO IV

Desistencias

Núm. de expediente

Concello

Proxecto

Orzamento (€)

Motivo

PR486A/2026/026

Blancos, Os

Dotación de servizos municipais

30.200,00

Desistencia voluntaria

Artigo 94 LPAC

PR486A/2026/043

Campo Lameiro, O

Mellora da eficiencia enerxética da iluminación pública en diversas zonas do concello de Campo Lameiro

34.803,39

Artigos 9 das bases reguladoras e 20.5 da Lei de subvencións de Galicia

PR486A/2026/049

Carnota

Adecuación de fachadas e cuberta da escola de Portocubelo

31.723,88

Artigos 9 das bases reguladoras e 20.5 da Lei de subvencións de Galicia

PR486A/2026/098

Incio, O e Samos (agrupación de concellos)

Plan de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas dos concellos de Samos e O Incio

48.398,73

Artigos 9 das bases reguladoras e 20.5 da Lei de subvencións de Galicia

PR486A/2026/099

Incio, O

Mellora e rehabilitación de varias rúas e espazos públicos no núcleo de Veiga de Abaixo pertencente ao concello do Incio

51.786,89

Artigos 9 das bases reguladoras e 20.5 da Lei de subvencións de Galicia

PR486A/2026/130

Montederramo e Maceda (agrupación de concellos)

Mellora de camiño Verducedo-Santiso

65.287,70

Artigos 9 das bases reguladoras e 20.5 da Lei de subvencións de Galicia

PR486A/2026/203

Rois

Mellora viaria en Codesido

48.299,99

Artigos 9 das bases reguladoras e 20.5 da Lei de subvencións de Galicia