DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 3 de agosto de 2026 Páx. 42772

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2026, da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, pola que se publica o esgotamento do crédito da anualidade 2026 do código de procedemento TR302D, da Orde do 8 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que se desenvolvan por parte das entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026-2027 (Diario Oficial de Galicia número 94, do 22 de maio).

Primeiro. A Orde do 8 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que se desenvolvan por parte das entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026-2027, establece no artigo 14 que o procedemento de concesión desta subvención tramitarase e resolverase en réxime de concorrencia non competitiva, ata o esgotamento do crédito orzamentario. De ser o caso, segundo o establecido no artigo 16 das bases reguladoras, o esgotamento do crédito publicarase no Diario Oficial de Galicia, producirá a imposibilidade de continuar outorgando subvencións ao abeiro desta e constituirá motivación suficiente para a denegación do resto de subvencións non concedidas.

Segundo. A devandita orde establece no seu artigo 14 que a instrución e a resolución das solicitudes se efectuará seguindo a orde correlativa de entrada no rexistro electrónico da Xunta de Galicia e ata o límite da dotación orzamentaria da correspondente anualidade, de ser o caso, salvo que aquelas tivesen que ser obxecto de corrección por non reuniren os requisitos ou non se acompañaren da documentación requirida, para o que se considerará, na orde de prelación que se siga para a súa resolución, a data en que as solicitudes reúnan os requisitos e/ou documentación requirida, unha vez emendada a ausencia ou insuficiencia que, de ser o caso, apreciase o órgano convocante.

Terceiro. O artigo 5 da orde de convocatoria establece o crédito destinado a estas subvencións, por importe total de 2.200.000 €, dos cales 200.000 € corresponden á anualidade 2026 e 2.000.000,00 € á anualidade 2027, coa seguinte distribución por aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2026

Anualidade 2027

Total

14.03.323B.470.0

200.000 €

2.000.000 €

2.200.000 €

Cuarto. A disposición derradeira primeira da Orde do 8 de maio de 2026 establece que se faculta a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego para ditar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e as instrucións necesarias para o desenvolvemento e o cumprimento desta orde. En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito da anualidade 2026 indicado no punto terceiro, ao abeiro do procedemento TR302D, da Orde do 8 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas Bonos Talento empresa, para a realización de proxectos formativos de curta duración que se desenvolvan por parte das entidades beneficiarias, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2026-2027.

A derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento do crédito da anualidade 2026 foi a correspondente ao expediente TR302D-2026-00000092-00, que reuniu os requisitos e/ou documentación requirida, nos termos recollidos no artigo 14 das bases reguladoras, o día 2.6.2020 ás 10.29.40 horas.

Dado que o crédito da anualidade 2027 aínda non se esgotou, poderían concederse aquelas solicitudes de accións formativas que puidesen impartirse con cargo ao exercicio orzamentario 2027, aínda que a data de presentación fose posterior á indicada no parágrafo anterior.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2026

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego