Ao non ser posible efectuar a comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fanse públicas as comunicacións de xestión de biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días naturais, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado, os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia, e á retirada de especies arbóreas prohibidas a que se refire o artigo 22 da citada lei, así como as ordes de execución subsidiaria para a xestión da biomasa vexetal nas parcelas coas referencias catastrais que se indican a continuación.
A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Culleredo (Area de Transición Ecolóxica, Obras e Servizos Públicos), situadas na rúa do Concello, núm. 12, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.
Comunicacións de xestión de biomasa:
|
Núm. de expediente |
Referencia catastral |
Localización |
Propietario/a |
Liquidación provisional |
|
1484605C |
15031A00700161 |
Rúa Fonte da Balsa (Cadabal) |
Veiga Victorino (Hros.) |
2.102,09 € |
|
1527515Z |
8864801NH4986S |
Lugar de Laxe (Rutis) |
Seoane Mayer Marta |
349,80 € |
|
1562655E |
15031A01000159 |
Lugar A Xeca (Rutis) |
Amboage Fondevila Antonio (Hros.) |
810,03 € |
|
1597035C |
15031A03600433 |
Lugar de Figueiras (Orro) |
Palleiro Parada María Avelina |
280,88 € |
|
1594812R |
15031A01400009 |
Rúa Vixía (Pedra Negra) |
Rama Carmen |
324,83 € |
|
1780713N |
15031A01600148 |
Rúa Río Ulla (Anchouza) |
Doldán Blanco Benito (Hros.) |
1.922,01 € |
Ordes de execución subsidiaria:
|
Núm. de expediente |
Referencia catastral |
Localización |
Propietario |
Liquidación provisional |
|
1547313X |
0043310NH5904S |
Rúa Vixía (Costa Hermida) |
En investigación |
214,72 € |
Culleredo, 13 de xullo de 2026
José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente
