Ao ser preciso o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e da retirada de árbores das especies incluídas na disposición adicional terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e conforme o establecido nos artigos 22.3 da Lei 3/2007 e nos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento son descoñecidos, ou non sexa posible a notificación aos interesados, as notificacións efectuaranse por medio dun anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado cos datos catastrais do terreo, e a eficacia do acto notificado quedará supeditada á publicación no Boletín Oficial del Estado.
Por medio deste anuncio comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga de xestión da biomasa e/ou retirada das especies arbóreas prohibidas, para o cal son requiridas e se lles conceden un prazo máximo de quince (15) días naturais desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo.
|
Núm. de expediente |
Nombre/DNI/CIF |
Referencia catastral |
|
1912/2026 |
Casasnovas Vicente, Aquilino |
36054A050000170000EU |
|
1953/2026 |
Estévez, Agustín |
36054A053003230000EX |
|
1890/2026 |
Calzado Fernández Aurora (herdeiros de) |
36054A066002220000EZ |
|
1718/2026 |
En investigación |
36054A066002580000EA |
|
1251/2026 |
Fernández Martínez Nair (herdeiros de) |
36054B511017760001BT |
|
2265/2025 |
Pablo Jose Sánchez Mendes |
36054A086005570000EJ |
Tomiño, 13 de xullo de 2026
A alcaldesa
P.D. (Acordo do 21.7.2023)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente e Axenda 2030
