De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas herdeiras da persoa titular do NIF 35889756-G o oficio de citación da visita de recoñecemento sobre o terreo do expediente de extinción de concesión de augas de clave E-1405-P.
En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia-Centro de Augas de Galicia, situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico dgc.augas@xunta.gal ou no teléfono 981 54 39 60.
As persoas interesadas disporán de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.
Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2026
Jesús Antonio Manrique Merino
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Centro
