DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 3 de agosto de 2026 Páx. 42879

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de xullo de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se notifican os oficios de citación das visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-1522A-C e dezaoito máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en adiante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os oficios de citación das visitas de recoñecemento sobre o terreo de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-1522A-C e dezaoito máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

Data do oficio

E-1522A-C

Serafín Pérez Sabin
Ramiro Graña Onagoitia

20.7.2026

E-1562-C

Francisco Romero Rey

20.7.2026

E-1478-C

José Corral Fernández e outros
José Corral Fernández
Aurelia Cebreiro Suárez
José Viñas Rodríguez
Ángela Ricos Muíños

20.7.2026

DH.T15.24584

32597946T

20.7.2026

E-1430-C

Francisco Beceiro Cibreiro

20.7.2026

DH.A27.03643

G27122290

20.7.2026

DH.A27.3502

Comunidade de Regantes Fontaos

20.7.2026

DH.A27.04016

33302162W

20.7.2026

E-171-C

Manuel Solórzano Ibáñez

20.7.2026

E-70-C

Pastor García Varela

20.7.2026

DH.B15.24074

765065427K

20.7.2026

E-66-7003-C

José Freire Seoane

20.7.2026

E-2102-C

María Dolores Salgado Rodríguez

20.7.2026

DH.A36.2133

José Chan Freijo

20.7.2026

DH.A36.1476

Comunidade de Usuarios das Paredes

20.7.2026

DH.A36.04751

Comunidade de Usuarios de Veiga da Fonte

20.7.2026

DH.A36.08179

Comunidade de Regantes Lago de Lapamán

20.7.2026

DH.A36.4024

35167773Z

20.7.2026

DH.A36.2987

Comunidade de Regantes de Pradiño

20.7.2026